Galego • Español 

>>Actividades minideportivas en Decathlon Santiago, 5 de junio

Actividades minideportivas en Decathlon Santiago, 5 de junio


By susi - Posted on 17 Junio 2013

Persoas de AMICO comparten tarde coa Fundación Decathlón en Santiago
Tiro con arco, pachanga de fútbol, tenis de mesa, baloncesto, patinetes, bádminton e golf son algúns dos deportes que puideron practicar as preto de oitenta persoas usuarias das entidades  Adisbismur de Muros, A Misela de Noia, Avante de Val do Dubra e Amico de Santiago.
Todas elas pasaron a tarde practicando deporte con persoal de Decathlón do establecemento que está en Santiago. A xornada resultou ser una experiencia divertida tanto para as persoas dos centros que forman parte do movemento asociativo de COGAMI como para o propio persoal laboral da empresa deportiva.
Este tipo de actividades de lecer supoñen un exemplo para a visibilidade da diversidade, onde as persoas con discapacidade poden compartir experiencias a través do deporte e relacionarse con outros onde se chegan a afianzar lazos de amizade.

Etiquetas

 
 

Campaña de asociación

  • Campaña de asociación