Galego • Español 

>>Información e Asesoramento

Información e Asesoramento


En Santiago terá lugar nos próximos días, o a Semana Europea de Mobilidade organizado polo Concello de Santiago e TUSSA

En Santiago terá lugar nos próximos días, o a Semana Europea de Mobilidade organizado polo Concello de Santiago e TUSSA.

Inclúe unha serie de actividades das que vos damos conta, para que participedes:

Actividades incluidas:
- O venres 18 de setembro, terá lugar a exposición de vehículos eléctricos na praza Roxa. A mostra poderase visitar de 16:30 a 20:30 horas.

Curso de formación: Visitas guiadas accesibles en espazos naturais protexidos

Informamosvos deste curso por si vos interesara:

Entidade: Ambient Arte
Correo-e: isabel@ambientarte.es
Web ou Blog: http://ambientarte-blog.blogspot.com.es/
Modalidade: Presencial
Localidade: Vigo
Data límite: 07/02/14

ACTIVIDADES SOBRE CONSUMO RESPONSABLE A TRAVÉS DO INSTITUTO GALEGO DE CONSUMO

Grazas a COGAMI e o Instituto Galego de Consumo que subscribiron un convenio de colaboración, AMICO pode solicitar algunha actividade no marco do consumo responsable, polo que precisaría que as persoas socias e familiares indiquedes se tedes interese en participar en algunha:
 

O artista vigués Manuel Cobas presenta a súa obra pintada a acuarela e colabora coa asociación AMICO doándolle parte das vendas das súas obras

No día de onte, 9 de xullo, ás 19:00 horas, a sala de exposicións da Galería Sargadelos de Santiago (Rúa Nova, 16) acollía a inauguración da mostra do acuarelista vigués, Manuel Cobas (www.manuelcobas.es).

EXPOSICIÓN BENÉFICA DE PINTURA DE MANUEL COBAS VARELA

Durante ps días 9 a 14 de xullo na Galería Sargadelos, situada na rúa Nova, nº 16 Santiago de Compostela,  a asociación organiza xunto co pintor acuarelista Manuel Cobas Varela, unha exposición benéfica dentro do marco de actividades do seu 20º aniversario.
 
A inauguración oficial terá lugar o próximo luns 9 de xullo ás 19:00 horas e contará coa presenza de Dª Paula Prado, Concelleira de Benestar Social, Familia e Emprego.

ALÚGASE CASA ADAPTADA EN VAL DO DUBRA

A asociación AVANTE infórmanos que dispón dunha casa totalmente adaptada a persoas con mobilidade reducida lista para ser alugada durante a semana ou a fin de semana ata un máximo de 10 persoas. Conta con todo o necesario para pasar uns días de descanso nun paraxe natural.  Visita a información que remiten sobre as condicións, prezos, instalacións ou fotografías. Aproveita esta oportunidade.  
 

CONVENIO ASINADO CO BALNEARIO TERMAS DE CUNTIS 2011/2012

A asociación asinou xunto co Balneario Termas de Cuntis un convenio de colaboración que permite aplicar un 15% de desconto as persoas socias de AMICO e os seus familiares, nos servizos do Balneario (tratamentos lúdicos, programas de estética,tratamentos terapéuticos e fisioterapia, acquaforum) e aloxamento nos seus hoteis (Hotel Castro e Hotel La Virgen). O motivo de realizar este convenio é facilitar o acceso a este tipo de servizos e tratamentos,

CONVOCATORIA DE BOLSAS A ESTUDANTES CON DISCAPACIDADE (FUNDACIÓN PREVENT)

Dende A Fundación Prevent comunícase a apertura de prazo da súa V Convocatoria de Bolsas á formación superior de persoas con discapacidade para adxudicar axudas a estudantes universitarios e de ciclos de grao superior con discapacidade.

Poden ser beneficiarios das bolsas os estudantes cun grao de discapacidade igual ou superior ao 33%.

 
 

Campaña de asociación

  • Campaña de asociación