Galego • Español 

>>Lecer

Lecer


Xornada pesca adaptada en Bembibre, 7 de xuño

XORNADA DE PESCA ADAPTADA EN BEMBIBRE O 7 de xuño de 2014.

Un ano mais, a asociación de persoas con discapacidade do Val do Dubra, AVANTE, organiza a xornada de pesca adaptada para persoas con discapacidade e envíannos información da mesma.

Dende AMICO, si se anotan persoas asociadas, organizaremos a viaxe en grupo para disfrutar das actividades.

Aquelas persoas socias que queiran acudir, Terán que enviar un correo electrónico a info@amico.es indicando o teu nome, apelidos, teléfono, DNI e indicar as necesidades de apoio.

Solicita máis información.

Xornada pesca adaptada en Bembibre, 7 de xuño

XORNADA DE PESCA ADAPTADA EN BEMBIBRE O 7 de xuño de 2014.

Un ano mais, a asociación de persoas con discapacidade do Val do Dubra, AVANTE, organiza a xornada de pesca adaptada para persoas con discapacidade e envíannos información da mesma.

Dende AMICO, si se anotan persoas asociadas, organizaremos a viaxe en grupo para disfrutar das actividades.

Aquelas persoas socias que queiran acudir, Terán que enviar un correo electrónico a info@amico.es indicando o teu nome, apelidos, teléfono, DNI e indicar as necesidades de apoio.

Solicita máis información.

AMPLIACIÓN PROGRAMA VACACIÓNS IMSERSO-COCEMFE 2013 (PRIMAVERA 2014)

Na próxima primavera 2014, realizaranse varias quendas de Turismo e Termalismo correspondentes á Ampliación do Programa IMSERSO - COCEMFE 2013. Podedes consultar e descargar a información (folleto, solicitude, condicións e instrucións) no seguiente enlace:

http://www.cocemfe.es/vacaciones

Ademáis nos próximos meses de Febreiro e Marzo de 2014, vanse realizar catro quendas de Turismo e Termalismo "Especial COCEMFE". Nestas 4 quendas poderá participar calquera persoa, independentemente de si viaxou ou vai viaxar durante o Programa 2013 (Xuño 2013 - Maio 2014).

No caso de que as quendas solicitadas sexan para o próximo mes de Febreiro e Marzo, é conveniente enviala documentación á maior brevidade posible.

CEA DE NADAL AMICO

Terá lugar o venres 13 de decembro ás 22:00 horas no Sano Sanote Buffet-Grill na R/ Castiñeiras, 110 Baixo-Polígono Novo Milladoiro (Ames) .

As persoas socias que desexen anotarse, terán que facelo mediante correo electrónico a info@amico.es indicando nome, apelidos, teléfono de contacto, así como características e necesidades a ter en conta (exemplo: usuario/as de produtos de apoio como cadeira de rodas, necesidade de apoios ou algún
tipo de intolerancia alimentaria co fin de poder adaptarnos as súas necesidades na medida do posible).

A cea aboarase diretamente alí unha vez rematada: 12 e persoa.

MENÚ:
Aperitivos (fiambre, croquetas, tortilla)
Parrillada de carnes
Bebida, pan, postre e café.

En todolos menús inclúese buffet libre de ensalada.
Pódese cambiala carne por merluza á prancha ou á galega.

Animádevos!

COGAMI INVÍTANOS A SANXENXO NO DÍA DE VOLUNTARIADO DE IBERDROLA

ACTIVIDADE 21 DE SETEMBRO DE 2013:DÍA DE VOLUNTARIADO IBERDROLA EN Sanxenxo

Dende COGAMI infórmannos que o vindeiro sábado 21 de setembro temos a posibilidade de participar no DÍA DO VOLUNTARIADO DE IBERDROLA, que xirará en torno ao deporte da vela e terá lugar no Real Club Náutico de Sanxenxo.

Xornada de Pesca adaptada en Bembibre, sábado 22 de xuño

Un grupo de persoas socias de AMICO participarán este sábado 22 de xuño na Xornada de pesca adaptada que a asociación AVANTE (colectivo de persoas con discapacidade do Val do Dubra) organiza xunto coa asociación de pescadores O Renqueiro.

PROGRAMA DE VACACIÓNS COCEMFE 2012 PARA PERSOAS CON DISCAPACIDADE

Se este ano queres ir de viaxe a algún dos lugares propostos, visita o enlace que poñemos a continuación.
 
É unha oportunidade estupenda para viaxar e coñecer outros lugares con encanto. 
 

Feliz Viaxe!!
 
 

Campamentos de verán para persoas con discapacidade 2012

Aberto prazo de inscrición da Xunta de Galicia para a presentación de solicitude de praza nos CAMPAMENTOS DE VERÁN PARA PERSOAS CON DISCAPACIDADE 2012

Persoas destinatarias:

 
 

Campaña de asociación

  • Campaña de asociación