Galego • Español 

>>Actividades acuáticas adaptadas para persoas con discapacidade en Compostela.

Actividades acuáticas adaptadas para persoas con discapacidade en Compostela.


By ana - Posted on 11 Septembro 2013

A asociación AMICO reabre o prazo de inscrición para que as persoas con discapacidade da contorna participen nas sesións grupais que desenvolve na piscina terapéutica Awasan, grazas ao apoio económico da Deputación de A Coruña.
A actividade consistirá nunha sesión semanal de actividades acuático terapéuticas baixo supervisión dun monitor especializado e un grupo de persoas voluntarias, que facilitan o desenvolvemento dos exercizos así como recibir os apoios que precisan tanto nos vestiarios como durante a actividade.
As sesións terán lugar os venres en horario de 16.30 a 17.30 horas nas instalacións acuáticas no lugar de Silvouta, Roxos (piscina Awasan) cun máximo de 12 participantes.
No caso de recibir mais solicitudes de participación a entidade valorará a posta en marcha dun novo grupo.
Para participar, as persoas con discapacidade terán que asociarse a AMICO onde se lles ofrecerán todos os detalles da actividade e da propia entidade.
info@amico.es
teléfono contacto
678 739 030

Etiquetas

 
 

Campaña de asociación

  • Campaña de asociación