Galego • Español 

>>Asemblea anual AMICO: sábado 29 de xuño en Fontiñas

Asemblea anual AMICO: sábado 29 de xuño en Fontiñas


By susi - Posted on 17 Xuño 2013

AVISO A PERSOAS SOCIAS:  Convocatoria de asemblea anual, 29 de xuño en Santiago

Como todos os anos, unha das xuntanzas máis importantes das asociacións é a Asemblea xeral anual, na que todos as persoas socias teñen a posibilidade de xuntarse para coñecer as actividades realizadas o ano anterior, a situación económica a 31 de decembro de 2012, e a liña de actividades previstas para este ano 2013.

É importante destacar que é o momento onde podemos recoller todas aquelas peticións e demandas xerais que poidan ser de interese para todas e todos.

Convocámoste e esperámoste na Asemblea Xeral anual da asociación AMICO que terá lugar o próximo sábado 29 de xuño de 2013, na aula de Fontiñas, rúa Dublín, 3 baixos, 15707 Santiago de Compostela (xunto a clínica de fisioterapia), ás 10:30 horas, e ás 11:00 horas en segunda convocatoria.
Por experiencia de anos anteriores, empezará ás 11:00 horas.

As persoas que desexen asistir terán que comunicalo previamente e no caso de non acudir por razón de saúde, poderán delegar o voto noutra persoa.
Infórmate!

Etiquetas

 
 

Campaña de asociación

  • Campaña de asociación