Galego • Español 

>>Curso de tenis en cadeira de rodas

Curso de tenis en cadeira de rodas


By susi - Posted on 10 Abril 2012

COGAMI ten previsto iniciar o CURSO DE TENIS EN CADEIRA DE RODAS xunto co Concello de Santiago de Compostela, polo que se difunde a seguinte información para que as persoas con discapacidade que o desexen poidan apuntarse.
 
Segundo a información recibida, poden participar persoas con discapacidade, sexan ou non usuarias de cadeira de rodas
 
As persoas socias de AMICO que desexen participar teredes que enviar a seguinte información a lecer@cogami.es ou ben chamar ao teléfono 981 574698, indicando:
- Nome e apelido.
- Indicar que sodes socias/os de AMICO.
- Teléfono e datos de contacto.
- Indicar se tes mobilidade reducida:
- Indicar se eres unha persoa usuaria de cadeira de rodas:
- Indicar a túa preferencia de días e horas dos cursos (mañá ou tarde).
- Indicar se desexas curso inicial ou de perfeccionamento.
 

Etiquetas

 
 

Campaña de asociación

  • Campaña de asociación