Galego • Español 

>>Programa de Ocio adaptado no mar, PROXECTO GAVEA

Programa de Ocio adaptado no mar, PROXECTO GAVEA


By ana - Posted on 13 Xullo 2011

Un ano máis, COGAMI organiza un Programa de Ocio adaptado no mar coñecido como PROXECTO GAVEA, Vela Adaptada. Consiste na realización de viaxes adaptados en barco de vela polas distintas rías galegas, ben sexa navegando no Laion ou participar na Escola de vela lixeira.
Queremos facervos chegar as actividades previstas deste proxecto para que se algún socio ten interese en participar, nolo faga saber a efectos de poñervos en contacto coa área de lecer de Cogami e que teñades a oportunidade de participar nesta aventura.

Animádevos!!!
Hai que dirixir un correo a  lecer@cogami.es

Este ano realizaranse as seguintes actividades:

- BAUTISMOS DE MAR EN ARES
Lugar: Club Náutico de Ares.
Horario: Saídas de tarde a partir das 16:30 horas.
Datas: Do 19 de xullo ao 4 de agosto poderíamos organizar algunha saída pola ría.
- REGATA TERESA HERRERA
Lugar: A Coruña
Datas e horarios:
    * Venres 2 de Setembro: 1 saída pola tarde a partir das 16:30 h.
    * Sábado 3 de Setembro: 1 saída pola mañá (aproximadamente 10:00 h.) e 1 saída pola tarde (aproximadamente 16:30 h.) Confirmaremos o horario cos grupos participantes e en función dos horarios de regatas que polo momento non están pechados por parte da organización da regata.
    * Domingo 4 de Setembro: 1 saída pola mañá (aproximadamente 10:00 h.) Confirmaremos o horario co grupo participante e en función dos horarios de regatas que polo momento non están pechados por parte da organización da regata.
 
- A NOSA VOLTA PARCIAL A GALICIA
..Sábado 6 de Agosto: Travesía A Coruña- Camariñas (Distancia: 57 millas- Tempo estimado navegación: 9 horas)
..Domingo 7 de Agosto: Actividade en Camariñas (1 saída pola mañá e 1 saída pola tarde)
..Luns 8 de Agosto: Travesía Camariñas- Portosín (Distancia: 45 millas- Tempo estimado navegación: 7.5 horas)
..Martes 9 de Agosto: Actividade en Portosín (1 saída pola mañá e 1 saída pola tarde)
..Mércores 10 de Agosto: Travesía Portosín- A Pobra (Distancia: 34 millas- Tempo estimado navegación: 6 horas)
..Xoves 11 de Agosto: Actividade en A Pobra (1 saída pola mañá e 1 saída pola tarde)
..Venres 12 de Agosto: Actividade en A Pobra (1 saída pola mañá e 1 saída pola tarde)
..Sábado 13 de Agosto: Travesía A Pobra- Sanxenxo (Distancia: 23 millas- Tempo estimado navegación: 4 horas)
..Domingo 14 de Agosto: Actividade en Sanxenxo (1 saída pola mañá e 1 saída pola tarde)
..Luns 15 de Agosto: Travesía Sanxenxo- Moaña (Distancia: 23 millas- Tempo estimado navegación: 4 horas)
..Martes 16 de Agosto: Actividade en Moaña (1 saída pola mañá e 1 saída pola tarde)
..Mércores 17 de Agosto: Actividade en Moaña (1 saída pola mañá e 1 saída pola tarde)
..Xoves 18 e venres 19 de Agosto: Travesía Moaña- Ares
 
- REGATA S.A.R. INFANTA ELENA
Lugar: A Coruña
Datas e horarios:
..Venres 26 de Agosto: 1 saída pola tarde a partir das 16:30 h.
..Sábado 27 de Agosto: 1 saída pola mañá (aproximadamente 10:00 h.) e 1 saída pola tarde (aproximadamente 16:30 h.) Confirmaremos o horario cos grupos participantes e en función dos horarios de regatas que polo momento non están pechados por parte da organización da regata.
..Domingo 28 de Agosto: 1 saída pola mañá (aproximadamente 10:00 h.) Confirmaremos o horario co grupo participante e en función dos horarios de regatas que polo momento non están pechados por parte da organización da regata.

- ESCOLA DE VELA LIXEIRA
Lugar: Club Náutico de Camariñas.
Prazas: 2 grupos de 8 persoas.
Horario e datas: Estamos á espera da dispoñibilidade dos monitores de Camariñas.
Esperamos poder confirmarvos datas e horarios esta semana.
* A Escola de Vela non inclúe saídas no Laion.
Recibide un saúdo.
 

Etiquetas

 
 

Campaña de asociación

  • Campaña de asociación