Galego • Español 

>>Programa provisional PROXECTO GAVEA 2012 organizado por COGAMI

Programa provisional PROXECTO GAVEA 2012 organizado por COGAMI


By ana - Posted on 24 Xuño 2012

A NOSA VOLTA PARCIAL A GALICIA

..Luns 16 de xullo: Actividade en Camariñas (1 saída pola mañá e 1 saída pola
tarde)
..Mércores 18 de xullo: Actividade en Muros (1 saída pola mañá e 1 saída pola
tarde)
..Xoves 19 de xullo: Actividade en Muros (1 saída pola mañá e 1 saída pola
tarde)
..Sábado 21 de xullo: Actividade en A Pobra (1 saída pola mañá e 1 saída pola
tarde; ou actividade todo o día)
..Luns 23 de xullo: Actividade en Moaña (1 saída pola mañá ou 1 saída pola
tarde; ou actividade todo o día)
..Martes 24 de xullo: Actividade en Moaña (1 saída pola mañá e 1 saída pola
tarde; ou actividade todo o día)

REGATA TERESA HERRERA
 Lugar: A Coruña
Datas e horarios:
..Venres 27 de xullo: 1 saída pola tarde a partir das 16:30 h.
..Sábado 28 de xullo: 1 saída pola mañá e 1 saída pola tarde.
..Domingo 29 de xullo: 1 saída pola mañá.

REGATA TALL SHIP RACE (ANTIGUA CUTTY SHARK)
 Lugar: A Coruña
Datas e horarios:
..Venres 10 de agosto:
..Sábado 11 de agosto:
..Domingo 12 de agosto:
.. Luns 13 de agosto:
(Poderiamos organizar unha saída pola mañá e outra pola tarde, pero
estamos á espera da programación de actividades da Tall Ship Race)

REGATA S.A.R. INFANTA ELENA
Lugar: A Coruña
Datas e horarios:
..Venres 24 de agosto: 1 saída pola tarde a partir das 16:30 h.
..Sábado 25 de agosto: 1 saída pola mañá e 1 saída pola tarde.
..Domingo 26 de agosto: 1 saída pola mañá.

BAUTISMOS DE MAR EN ARES
Lugar: Club Náutico de Ares.
Horario: Saídas de tarde a partir das 16:30 horas.
Datas:
..Do 1 ao 7 de agosto
..Do 16 ao 21 de agosto
..A partir do 29 de agosto

RECOMENDACIÓNS

Recomendamos levar a comida e a bebida que consideredes oportuna (bocadillos, auga, refrescos,...) de cara a poder xantar ou merendar a bordo do Laion. É necesario que levedes roupa e calzado cómodo, así como bañador e toalla, gorra,... por si fai bo día e roupa de abrigo e chuvasqueiro por si refresca o tempo. Tamén debedes de levar crema de protección solar e recomendamos BIODRAMINA para previr os posibles mareos e gozar da navegación. Non se recomenda inxerir demasiados líquidos nin antes nin durante a travesía.

As persoas con dificultades de mobilidade, mobilidade reducida ou persoas
que precisen de persoal de apoio teñen que contar co mesmo, dado que a
bordo do Laion non hai persoal de apoio senón tripulación que se encarga
de achegar á navegación ao grupo e gobernar o barco.
A tripulación será a encargada do embarque e desembarque dos
participantes. O número máximo de participantes será de 8 persoas por
grupo, cun máximo de 2 persoas usuarias de cadeira de rodas. Cada grupo
ten a obriga de contar como mínimo cunha persoa responsable do mesmo.

Agradeceriamos que formalicedes a reserva á maior brevidade posible na dirección de correo lecer@cogami.es

Para apuntarvos teredes que comunicalo a AMICO para poder organizar os grupos.

Sen outro particular, recibide un cordial saúdo.
 

Etiquetas

 
 

Campaña de asociación

  • Campaña de asociación