Galego • Español 

>>PROXECTO GAVEA 2011

PROXECTO GAVEA 2011


By ana - Posted on 13 Xullo 2011

Estimados/as compañeiros/as:

Estamos a elaborar o calendario de actividades do Proxecto GAVEA para esta
edición 2011 e gustaríanos saber se estades interesados en participar de cara a
poder organizalo e que todos e todas podades navegar no Laion ou participar na Escola de vela lixeira.

BAUTISMOS DE MAR EN ARES
Lugar: Club Náutico de Ares.
Horario: Saídas de tarde a partir das 16:30 horas.
Datas: Do 19 de xullo ao 4 de agosto poderíamos organizar algunha saída pola ría.

RECOMENDACIÓNS
Recomendamos levar a comida e a bebida que consideres oportuna (bocadillos, auga, refrescos,...) de cara a poder merendar a bordo do Laion. É necesario que levedes roupa e calzado cómodo, así como bañador e toalla, gorra,... por si fai bo día e roupa de abrigo e chuvasqueiro por si refresca o tempo. Tamén debedes de levar crema de protección solar e recomendamos BIODRAMINA para previr os posibles mareos e gozar da navegación. Non se recomenda inxerir demasiados líquidos nin antes nin durante a travesía.

REGATA TERESA HERRERA
Lugar: A Coruña
Datas e horarios:
    * Venres 2 de Setembro: 1 saída pola tarde a partir das 16:30 h.
    * Sábado 3 de Setembro: 1 saída pola mañá (aproximadamente 10:00 h.) e 1 saída pola tarde (aproximadamente 16:30 h.) Confirmaremos o horario cos grupos participantes e en función dos horarios de regatas que polo momento non están pechados por parte da organización da regata.
    * Domingo 4 de Setembro: 1 saída pola mañá (aproximadamente 10:00 h.) Confirmaremos o horario co grupo participante e en función dos horarios de regatas que polo momento non están pechados por parte da organización da regata.

RECOMENDACIÓNS
Recomendamos levar a comida e a bebida que consideres oportuna (bocadillos, auga, refrescos,...) de cara a poder xantar ou merendar a bordo do Laion. É necesario que levedes roupa e calzado cómodo, así como bañador e toalla, gorra,... por si fai bo día e roupa de abrigo e chuvasqueiro por si refresca o tempo. Tamén debedes de levar crema de protección solar e recomendamos BIODRAMINA para previr os posibles mareos e gozar da navegación. Non se recomenda inxerir demasiados líquidos nin antes nin durante a travesía.

A NOSA VOLTA PARCIAL A GALICIA
..Sábado 6 de Agosto: Travesía A Coruña- Camariñas (Distancia: 57 millas-
Tempo estimado navegación: 9 horas)
.. **Domingo 7 de Agosto: Actividade en Camariñas (1 saída pola mañá
e 1 saída pola tarde)
..Luns 8 de Agosto: Travesía Camariñas- Portosín (Distancia: 45 millas-
Tempo estimado navegación: 7.5 horas)
.. **Martes 9 de Agosto: Actividade en Portosín (1 saída pola mañá e 1
saída pola tarde)
..Mércores 10 de Agosto: Travesía Portosín- A Pobra (Distancia: 34 millas-
Tempo estimado navegación: 6 horas)
.. **Xoves 11 de Agosto: Actividade en A Pobra (1 saída pola mañá e 1
saída pola tarde)
.. **Venres 12 de Agosto: Actividade en A Pobra (1 saída pola mañá e 1
saída pola tarde)
..Sábado 13 de Agosto: Travesía A Pobra- Sanxenxo (Distancia: 23 millas-
Tempo estimado navegación: 4 horas)
.. **Domingo 14 de Agosto: Actividade en Sanxenxo (1 saída pola mañá
e 1 saída pola tarde)
..Luns 15 de Agosto: Travesía Sanxenxo- Moaña (Distancia: 23 millas- Tempo
estimado navegación: 4 horas)
.. **Martes 16 de Agosto: Actividade en Moaña (1 saída pola mañá e 1
saída pola tarde)
.. **Mércores 17 de Agosto: Actividade en Moaña (1 saída pola mañá e 1
saída pola tarde)
..Xoves 18 e venres 19 de Agosto: Travesía Moaña- Ares

Horarios: Os bautismos de mañá serán de 10:00 a 13:30 horas, e os de tarde de
16:30 a 20:00 horas, aproximadamente.

NOTA IMPORTANTE: Durante as travesías non se realizan Bautismos de
Mar a non ser que sexa un grupo afeito á navegación. SÓ SE REALIZAN
BAUTISMOS DE MAR OS DÍAS INDICADOS CON ACTIVIDADE QUE APARECEN DESTACADOS CON 2 ASTERISCOS DIANTE (**).

RECOMENDACIÓNS
Recomendamos levar a comida e a bebida que consideres oportuna (bocadillos,
auga, refrescos,...) de cara a poder xantar ou merendar a bordo do Laion. É
necesario que levedes roupa e calzado cómodo, así como bañador e toalla, gorra,... por si fai bo día e roupa de abrigo e chuvasqueiro por si refresca o tempo. Tamén debedes de levar crema de protección solar e recomendamos BIODRAMINA para previr os posibles mareos e gozar da navegación. Non se recomenda inxerir demasiados líquidos nin antes nin durante a travesía.

REGATA S.A.R. INFANTA ELENA
Lugar: A Coruña
Datas e horarios:
..Venres 26 de Agosto: 1 saída pola tarde a partir das 16:30 h.
..Sábado 27 de Agosto: 1 saída pola mañá (aproximadamente 10:00 h.) e 1
saída pola tarde (aproximadamente 16:30 h.) Confirmaremos o horario cos
grupos participantes e en función dos horarios de regatas que polo momento
non están pechados por parte da organización da regata.
..Domingo 28 de Agosto: 1 saída pola mañá (aproximadamente 10:00 h.)
Confirmaremos o horario co grupo participante e en función dos horarios de
regatas que polo momento non están pechados por parte da organización da
regata.

RECOMENDACIÓNS
Recomendamos levar a comida e a bebida que consideres oportuna (bocadillos,
auga, refrescos,...) de cara a poder xantar ou merendar a bordo do Laion. É
necesario que levedes roupa e calzado cómodo, así como bañador e toalla, gorra,... por si fai bo día e roupa de abrigo e chuvasqueiro por si refresca o tempo. Tamén debedes de levar crema de protección solar e recomendamos BIODRAMINA para  previr os posibles mareos e gozar da navegación.Non se recomenda inxerir demasiados líquidos nin antes nin durante a travesía.

ESCOLA DE VELA LIXEIRA
Lugar: Club Náutico de Camariñas.
Prazas: 2 grupos de 8 persoas.
Horario e datas: Estamos á espera da dispoñibilidade dos monitores de Camariñas.
Esperamos poder confirmarvos datas e horarios esta semana.
* A Escola de Vela non inclúe saídas no Laion.

RECOMENDACIÓNS
É necesario que levedes roupa e calzado cómodo, así como bañador e toalla,
gorra,... por si fai bo día, e roupa de abrigo e chuvasqueiro por si refresca o tempo. A roupa e o calzado que levedes pode mollarse así que é necesario levar roupa e calzado de reposto. Tamén debedes de levar crema de protección solar e recomendamos BIODRAMINA para previr os posibles mareos e gozar da navegación. Non se recomenda inxerir demasiados líquidos nin antes nin durante a actividade.

Agradeceriamos que formalicedes a reserva á maior brevidade posible na dirección de correo lecer@cogami.es

Sen outro particular, recibide un cordial saúdo.

Etiquetas

 
 

Campaña de asociación

  • Campaña de asociación