Galego • Español 

>>Servizo de fisioterapia incrementa o número de solicitantes

Servizo de fisioterapia incrementa o número de solicitantes


By susi - Posted on 10 Abril 2012

Dende o mes de novembro e grazas ao cofinanciamento da Deputación da Coruña, estase a ofrecer ás persoas socias da entidade que o soliciten, un servizo de fisioterapia axustado as súas necesidades.
 
Tras concertar a prestación do servizo co CENTRO DE FISIOTERAPIA COMBINA, situado na rúa Dublín, nº 3, baixos, en Santiago de Compostela, ofrécese un desconto do 30% por parte da asociación. 
 
Son xa varias as persoas que utilizan o servizo, contratando Bonos de 5 ou 10 sesións continuadas de fisioterapia,  de tipo básico ou completo.
 
Tras constatar que o acceso á fisioterapia de mantemento para as persoas con discapacidade física e/ou con limitacións crónicas é moi restrinxida tanto no sector público sanitario como polo seu sobrecusto económico a nivel privado, a entidade traballa para conseguir dar continuidade ao mesmo.
 
Se desexas contratar o mesmo, ponte en contacto no teléfono 678 739 030 ou remite un correo electrónico a asociacionamico@hotmail.com.

Etiquetas

 
 

Campaña de asociación

  • Campaña de asociación