Galego • Español 

>>SERVIZO DE REHABILITACIÓN IX. Iniciamos o programa neste mes.

SERVIZO DE REHABILITACIÓN IX. Iniciamos o programa neste mes.


By susi - Posted on 06 Marzo 2019

Por noveno ano consecutivo a ASOCIACIÓN DE PERSOAS CON DISCAPACIDADE DE COMPOSTELA E COMARCA, AMICO pon a disposición das persoas con discapacidade da provincia de A Coruña, un programa de actividades e tratamentos de rehabilitación.
Baixo o nome de SERVIZO DE REHABILITACIÓN IX intégrase o conxunto de tratamentos que melloran a calidade de vida das persoas con discapacidade, por achegarlle actividades ás que non sempre teñen posibilidade de acudir por cuestións económicas, falta de especialistas, etc..
Grazas a Deputación de A Coruña e a convocatoria de axudas ás entidades para manter servizos sociais especializados durante o ano 2019, AMICO solicita e executa o programa presentado, permitindo reducir os custes que este tipo de actividades terían no mercado libre, de existir.
Porque hai actividades que non soen organizarse tendo en conta as necesidades das persoas con discapacidade.
Por este motivo, AMICO propón os seguintes:
SESIÓNS DE FISIOTERAPIA INDIVIDUAIS.
SESIÓNS DE TERAPIA OCUPACIONAL INDIVIDUAIS.
SESIÓNS GRUPAIS DE XIMNASIA ADAPTADA. (Un grupo específico para persoas usuarias de cadeira de rodas; e grupos especificos para persoas con patoloxías e necesidades homoxéneas)
SESIÓNS GRUPAIS DE ACTIVIDADES ACUÁTICO TERAPÉUTICAS
XORNADAS INFORMATIVAS PROMOCIÓN DA ACTIVIDADE FÍSICA NAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE.
Terán preferencia de acceso as persoas con discapacidade socias da entidade, e valorarase as posibilidades de cofinanciamento evitando que as persoas con menos recursos non poidan participar.
Se queres mais información, contacta coa asociación.

Etiquetas

 
 

Campaña de asociación

  • Campaña de asociación