Galego • Español 

>>Taller de resolución extraxudicial de conflitos

Taller de resolución extraxudicial de conflitos


By ana - Posted on 01 Novembro 2013

Actividade que se celebra o luns 4 de novembro de 17.00 a 19.00 horas na casa das asociacións de benestar social, CABES, Salgueiriños en Santiago.

A formación impartida polo licenciado en dereito Miguel Vieito Vilar, doutorando que colabora coa entidade de xeito habitual, terá un carácter práctico e estará dirixida a solventar dúbidas e casos sobre dereitos de consumo, presentación de reclamacións e queixas ante unha posible
vulneración de dereitos (como presentar unha queixa ante o Valedor do Pobo, por exemplo).

AMICO conta co apoio da Asociación de Persoas Xordas de Santiago para este evento, e facilita para aquelas persoas que o precisan un intérprete que permite que continúen o taller sen dificultade.

O Taller de resolución extraxudicial de conflitos enmárcase dentro do programa Tardes con AMICO que a entidade desenvolve os luns laborais en horario de 17.00 a 19.00 horas en Salgueiriños, co obxectivo de constituír un espazo de encontro entre persoas asociadas no cal se realizan dinámicas de grupo para tratar diversas temáticas e/ou visionado de películas que logo se comentan e debaten entre o grupo.

A entrada é libre ata completar aforo e as inscricións pódense realizar por correo electrónico a: info@amico.es indicando o teu nome, apelidos e teléfono de contacto. Se a persoa ten necesidades derivadas da discapacidade terá que comunicárnolo para tomar as medidas oportunas.

Teléfono de contacto: 678 739 030

Etiquetas

 
 

Campaña de asociación

  • Campaña de asociación