Galego • Español 

>>Viaxe ás TERMAS DE OUTARÍZ, Ourense

Viaxe ás TERMAS DE OUTARÍZ, Ourense


By susi - Posted on 05 Outubro 2012

En reunión da xunta directiva da asociación AMICO e tendo en conta as peticións de actividades de ocio manifestadas na asemblea anual que tivemos o pasado día 29 de xuño de 2012, estase a organizar unha VIAXE ÁS TERMAS DE OUTARÍZ en Ourense, para o sábado 13 de outubro de 2012.
      
Dita viaxe de ocio farase en autobús adaptado, en principio será de 19 prazas en total (só poderían participar 4 persoas con mobilidade reducida), polo que é preciso que nos indiquedes se estades interesadas/os en vir canto antes. Son Prazas limitadas! Se hai demanda poderíase ampliar.
A saída terá lugar dende a explanada de Salgueiriños na rúa Manuel María, nº 5, en Salgueiriños (xunto ao edificio de Facenda e ao lado do local da Casa das Asociacións de Benestar Social do concello ) ás 10:00 horas.
O regreso será aproximadamente ás 20:00 horas, no mesmo lugar da saída.
Contaremos con persoal voluntario para axudarnos a disfrutar mellor da viaxe, e se fora necesario, estamos a negociar o uso dunha grúa para entrar e saír das pozas para as persoas que o precisen.
Recordade que é imprescindible traer traxe de baño, chanclas e toalla. Tamén roupa de abrigo por se fai frío.
O tema da comida iría a cargo de cada un polo que podedes optar por traela na mochila xa que hai zonas verdes para comer, ou ben podedes optar por consumir o menú ou alimentos que teñen na cafetería das instalacións.
Se o tempo nos acompaña pasaremos o día nas Termas de Outaríz, onde xantaremos. Se chove, realizaremos unha actividade alternativa na cidade de Ourense, aínda pendente de concretar.
É imprescindible que nos indiquedes canto antes se queredes ou non participar, chamando ao teléfono 981 57 46 98 ou ben o teléfono da asociación  678 73 90 30.
 
Tamén Solicitamos que se o desexades podedes participar como PERSOAL VOLUNTARIO, en ese caso tamén é imprescindible que nos avisedes no teléfono: 981574698.
 
Esta actividade está cofinanciada pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Consellería de Traballo e Benestar.
Precisamos que nos avisedes o antes posible.

 
 

Campaña de asociación

  • Campaña de asociación