Galego • Español 

>>XVI PROGRAMA DE VACACIÓNS PARA PERSOAS CON DISCAPACIDADE

XVI PROGRAMA DE VACACIÓNS PARA PERSOAS CON DISCAPACIDADE


By susi - Posted on 24 Abril 2012

Un año más, a Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia, subvenciona o XVI PROGRAMA DE VACACIÓNS PARA PERSOAS CON DISCAPACIDADE.
 
Para facilitar a participación das persoas con discapacidade asociadas, así como aquelas outras que accedan a esta información a través desta páxina web, indícaselle que está aberto o prazo de inscrición ata o 29 de xuño.
 
As vacacións terán lugar na Residencia de Colonias e Convivencia AIXIÑA, na localidade de Sanxenxo (Pontevedra) 
 
Quendas:

  •   - Dende o domingo 2 ao sábado 8 de setembro.
  •   - Dende o domingo 9 ao  sábado 15 de setembro.

 
Requisitos:
 - Ter unha idade comprendida entre os 25 anos e os 60 anos.
- Ser galega/o ou residente en Galicia
- Ter unha discapacidade recoñecida.
- Cubrir correctamente a documentación.
  
Prezo por participante:
 
Para participar neste Programa de Vacacións, debe aboarse 80 € en concepto de aloxamento e manutención. 
 
As persoas participantes terán os apoios necesarios con monitores/as e coidadores/as, por iso non é posible levar acompañante. 
 
Documentación a aportar:
- Solicitud e ficha de participante.
- Copia certificado do grao de discapacidade. 
- Recibido o escrito de adxudicación da praza concedida, terase que enviar o resgardo do ingreso na conta corrente que se indicará, indicando o nome da persoa.  
 
Contacto e mais información: Teléfono 981 57 46 98 (Ángela Labandeira)  que lle facilitará toda a documentación a cubrir. 

Etiquetas

 
 

Campaña de asociación

  • Campaña de asociación