Galego • Español 

>>Accesibilidade, Fisioterapia, Información e Asesoramento, Lecer, Deportes, Institucionais, Asociativas

Accesibilidade, Fisioterapia, Información e Asesoramento, Lecer, Deportes, Institucionais, Asociativas


Asemblea anual AMICO: sábado 29 de xuño en Fontiñas

AVISO A PERSOAS SOCIAS:  Convocatoria de asemblea anual, 29 de xuño en Santiago

Asemblea anual AMICO: sábado 29 de xuño en Fontiñas

AVISO A PERSOAS SOCIAS:  Convocatoria de asemblea anual, 29 de xuño en Santiago

XORNADAS DE PORTAS ABERTAS GOLF ADAPTADO

En colaboración con COGAMI e grazas á Escuela de Golf Adaptado do Real
Aero Club de Santiago e a Fundación La Rosaleda, as entidades de persoas
con discapacidade terán a posibilidade de coñecer este deporte o próximo
27 de maio de 10:30 a 13:00 horas.

As persoas socias que desexen participar nesta xornada terán que contactar
coa nosa entidade ata cubrir prazas por orde de inscrición.
Informarémosvos de todo o necesario para participar.

+ información: telf: 678 73 90 30 - 981 574 698

ESCOLA DE TENIS ADAPTADO EN SANTIAGO

A FEDERACIÓN GALEGA DE TENIS e o CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA colaboran con COGAMI dando a posibilidade de desenvolver unha ESCOLA DE TENIS ADAPTADO gratuíta durante dous meses na cidade de Santiago.

A actividade, dirixida a persoas con discapacidade, terá lugar os sábados durante dúas horas.

As clases terán lugar no Pavillón do Restollal (Emilio e Manuel, s/n) en Santiago de Compostela e disporemos de 20 prazas polo que faremos dous grupos de 10 persoas.

O horario da actividade será o seguinte: de 10:00 a 12:00 (GRUPO 1) e de 12:00 A 14:00 (GRUPO 2).

A presentación da actividade terá lugar nas pistas de tenis de Sar o vindeiro sábado 1 de xuño en horario de 12:00 a 14:00 horas e no marco da mesma realizarase unha CHARLA SOBRE O DEPORTE DO TENIS, unha EXHIBICIÓN DESTE DEPORTE así como unha CLASE PRÁCTICA. En dita presentación poderanse
formalizar as inscricións para a escola sempre e cando se presente a documentación esixida polo que é necesario contactar coa nosa asociación.

É imprescindible levar roupa e calzado deportivo tanto o día da presentación como no desenvolvemento da escola.

ACTIVIDADE ACUÁTICA ADAPTADA PARA PERSOAS CON DISCAPACIDADE

Comezan as sesións da actividade acuática adaptada para persoas con discapacidade en Santiago.
Consiste en realizar exercicios de mantemento e recuperación no medio acuático, baixo a supervisión de monitores/as e persoal de apoio, dúas veces ao mes nas instalacións adaptadas en Roxos (AWASAN).

As sesións son os venres de 16:30 a 17:30 horas e o custo total da actividade 20€ por persoa ata o mes de xuño.
Acudir a sesións soltas terá un custo de 1,5 euros pero non se garantiza continuidade.

A actividade está cofinanciada pola Deputación de A Coruña e complementa o programa de natación terapéutica que financia COGAMI e a Fundación Iberdrola, no que participan 10 persoas con discapacidade.

Reportaxe sobre a natación terapéutica en Popular TV

Iniciado hai 3 semanas o programa de natación terapéutica que organiza a asociación grazas ao cofinanciamento aportado pola Fundación Iberdrola e Cogami, hai uns días tivemos a oportunidade de realizar unha reportaxe televisiva na canle Popular TV.
 

Ana Balboa colabora no Programa de TV "Fraguando a diversidade"

A presidenta da asociación AMICO, Ana Balboa colabora co alumnado do IES Antonio Fraguas e AGARESO na elaboración do programa de televión a prol da inclusión "Fraguando a diversidade".

Inicio do Servizo de Fisioterapia II con novidades

AMICO retoma o servizo de fisioterapia II con novidades e maiores facilidades de acceso

 

 

Asamblea anual 29 de xuño

O pasado 29 de xuño tivo lugar a Asemblea anual da asociación na cal se reuniron as persoas asociadas para facer balance das actividades levadas a cabo durante 2011, analizar o estado das contas da organización e expoñer as actividades que se prevé realizar durante o ano actual.
 

 
 

Campaña de asociación

  • Campaña de asociación