Galego • Español 

>>Accesibilidade, Fisioterapia, Información e Asesoramento, Lecer, Deportes, Institucionais, Asociativas

Accesibilidade, Fisioterapia, Información e Asesoramento, Lecer, Deportes, Institucionais, Asociativas


Xuntanza con Paula Prado, concelleira delegada de Familia, Benestar Social, Muller e Emprego

O pasado 20 de setembro ás 12.00 horas unha representación de AMICO reuniuse coa Concelleira de Familia, Benestar Social, Muller e Emprego de Santiago.
En dita xuntanza tivemos a oportunidade de coñecer as liñas de actuación no eido dos servizos sociais do goberno compostelá nos próximos meses.

Servizo de Fisioterapia e Hidroterapia

Nos próximos días AMICO iniciará os contactos coas socias e cos socios interesados en realizar sesións de fisioterapia en Santiago de Compostela, grazas ao cofinanciamento do servizo de rehabilitación por parte da Deputación da Coruña.
 
Se estás interesado dirixe un correo electrónico a asociacionamico@hotmail.com ou ponte en contacto coa asociación.
 

Visita guiada á exposición "As cores do mar de Galicia"

O próximo venres 11 de novembro de 2011, AMICO organiza xunto coa Obra Social de NovaCaixaGalicia, a visita guiada da exposición "As cores do mar de Galicia".
 
 
O evento terá lugar no Centro Social situado na Praza de Cervantes en Santiago de Compostela, comezando ás 16:30 horas.  

CONVENIO ASINADO CO BALNEARIO TERMAS DE CUNTIS 2011/2012

A asociación asinou xunto co Balneario Termas de Cuntis un convenio de colaboración que permite aplicar un 15% de desconto as persoas socias de AMICO e os seus familiares, nos servizos do Balneario (tratamentos lúdicos, programas de estética,tratamentos terapéuticos e fisioterapia, acquaforum) e aloxamento nos seus hoteis (Hotel Castro e Hotel La Virgen). O motivo de realizar este convenio é facilitar o acceso a este tipo de servizos e tratamentos,

CONVOCATORIA DE BOLSAS A ESTUDANTES CON DISCAPACIDADE (FUNDACIÓN PREVENT)

Dende A Fundación Prevent comunícase a apertura de prazo da súa V Convocatoria de Bolsas á formación superior de persoas con discapacidade para adxudicar axudas a estudantes universitarios e de ciclos de grao superior con discapacidade.

Poden ser beneficiarios das bolsas os estudantes cun grao de discapacidade igual ou superior ao 33%.

TARXETA DOURADA RENFE: Descontos en viaxes en tren

É un documento que ofrece descontos para viaxar en tren.  

PROXECTO GAVEA 2011

Estimados/as compañeiros/as:

Estamos a elaborar o calendario de actividades do Proxecto GAVEA para esta
edición 2011 e gustaríanos saber se estades interesados en participar de cara a
poder organizalo e que todos e todas podades navegar no Laion ou participar na Escola de vela lixeira.

BAUTISMOS DE MAR EN ARES
Lugar: Club Náutico de Ares.
Horario: Saídas de tarde a partir das 16:30 horas.

Programa de Ocio adaptado no mar, PROXECTO GAVEA

Un ano máis, COGAMI organiza un Programa de Ocio adaptado no mar coñecido como PROXECTO GAVEA, Vela Adaptada. Consiste na realización de viaxes adaptados en barco de vela polas distintas rías galegas, ben sexa navegando no Laion ou participar na Escola de vela lixeira.

Asamblea anual de AMICO 2011

AMICO celebrou o pasado día 25 de xuño de 2011 na rúa Dublín, nº 3 baixos, 15707 en Santiago de Compostela, a asemblea anual que comezou as 11.30 horas  na que se reencontraron os socios da entidade.

 

Xuntanza con Xerardo Conde Roa Alcalde de Santiago

Xuntanza con Xerardo Conde Roa ás 18:15 horas da tarde nos baixos da Sede do Partido Popular no Concello de Santiago.

A iniciativa surxiu da carta remitida dende AMICO tras as eleccións municipais que o proclamaron gañador electo das eleccións.  Días despois, o Grupo Popular púxose en contacto con AMICO e establecemos a xuntanza para o martes 21 de xuño, á cal asistimos a Presidenta Ana Balboa e maila Secretaria Mª Jesús Pérez.

 
 

Campaña de asociación

  • Campaña de asociación