A asociación comeza este mes de xaneiro o programa anual de Rehabilitación no marco da convocatoria axudas destinada ao mantemento de programas de servizos sociais da Deputación de A Coruña.
Baixo o programa FOAXE-P e baixo o epígrafe ED-3 TRATAMENTOS DE REHABILITACIÓN, a asociación continúa a facilitar o acceso a tratamentos especializados a persoas con discapacidade da provincia de A Coruña.
Tras superar os dez anos do programa e malia aos cambios derivados da pandemia que inda nos afecta, as persoas participantes valoraron favorablemente os servizos prestados e volvemos a confiar nas entidades prestadoras de servizos sociais coas que viñamos traballando.
A incertidume do momento fainos iniciar o programa de modo paulatino, polo que a partir do 20 de xaneiro xa se pode concertar as sesións de terapia ocupacional.
HORARIOS DISPOÑIBLES: Mércores de 16:00 a 20:00 horas / Venres de 9:00 a 19:00 horas. Imprescindible cita previa.
Manteranse as condicións de acceso ao programa habitual: Ter acreditada a condición de persoa con discapacidade.Residir nalgún concello da provincia de A Coruña.Asociarse á entidade.Realizar aportación por servizos en función da capacidade económica persoal e concorrencia de recursos. Así valorarase a opcion de sesións individuais entre 10 € ou 18 €. Con todo, as persoas que o precisen poderán solicitar medidas de acción positiva para evitar que a carencia de recursos suficientes sexan motivo da non participación.
Contacta coa entidade para coñecer detalles de horarios, concertación de citas e condiccións de acceso.
O resto de actividades do servizo irán incorporándose nas próximas semanas. Con todo, consúltanos as túas dúbidas, preferencias e coméntanos os teus intereses.