O programa denomínase PARTICIPA e está dirixido ao estudo de como promover a participación na sociedade das persoas con discapacidade. O obxectivo é alcanzar unha sociedade inclusiva realmente.
O enlace á web do proxecto ofréceche mais información: https://participa.guttmann.com/es/estudio/
Dende AMICO animámosvos a participar xa que, está dirixido a:
Persoas maiores de idade, ter recoñecida unha discapacidade e residir en España ou Andorra.
Poden participar tamén as persoas de apoio (asistente persoal, traductor vital, familiar, amizades, etc…) que se rexistren e contesten as enquisas en nome da persoa con discapacidade.
Consiste na realización de varias enquisas sobre diversos temas e ámbitos como: Vivenda. Mobilidade. Participación social. Interacción. Condicións de vida, etc..