As persoas asociadas xa contan nos seus correos electrónico coa documentación necesaria para analizar e coñecer a información da entidade sobre a cal terán que manifestarse.
Este ano, realizaremos tanto a asemblea xeral ordinaria na que se abordará a xestión realizada no ano 2021 , tanto a nivel de actividades como a nivel económico, así como a planificación prevista para o ano en curso.
Xusto ao rematar esta xuntanza, comezarase coa Asemblea xeral extraordinaria, xa que toca renovar a Xunta Directiva da organización polo transcurso dos 4 anos dende a anterior elección, polo que tamén se abre coa publicación da convocatoria, o prazo para que se presenten as candidaturas.
Animamos ás persoas de Amico a participar nesta xuntanza asociativa que terá lugar, o mércores 22 de xuño de 2022, ás 16.30 horas en primeira convocatoria e 17:00 horas en segunda convocatoria, de modo presencial no Salón de Actos do Edificio CEGADI en rúa Xosé Chao Rego,s/n, 15706 Santiago de Compostela (Salgueiriños) situado na planta 0.
A Xunta Directiva acordou abrir a posibilidade da convocatoria mixta, que permita, previa inscrición, participar a través de medios telemáticos e/ou sistemas virtuais, co uso da plataforma Webex con inicio ás 16:30 para realizar a identificación das persoas. (Requírese comunicar esta opción antes do 17 de xuño a través do correo electrónico info@amico.es e indicando unha dirección válida para o envío do enlace de conexión).
Para ampliar información, pódese consultar coa entidade a través dos medios de contacto habituais.