Dende a Asociación AMICO, informamos da publicación da convocatoria de Axudas de taxi 2024:
O prazo de solicitude é de dez días hábiles, contados a partir do 19 de marzo. Aquelas persoas que queiran presentar solicitude teñen que ir a un rexistro (calquera rexistro é válido e tamén a sede electrónica).
Poderanse beneficiar das axudas de taxi as persoas empadroadas e residentes no Concello de Santiago, que teñan recoñecida unha discapacidade que afecte gravemente á súa mobilidade, impedíndolles ou dificultándolles gravemente a utilización dos transportes públicos colectivos; aquelas que teñan recoñecida unha discapacidade visual que implique un grao de limitación na actividade igual ou superior ao 75%, ou as persoas sometidas a tratamentos periódicos, administrados dende calquera centro hospitalario da cidade.
Tamén poderán acceder a estas axudas aquelas persoas residentes no rural que padezan algún tipo de discapacidade, aquelas que presenten determinadas doenzas, ou persoas maiores de 65 anos afectadas polas limitacións derivadas da menor frecuencia ou accesibilidade ás liñas de transporte público.