Temos información da Federación COGAMI CORUÑA de que este ano volve o Programa de Termalismo 2022, subvencionado pola Exma. Deputación de A Coruña.
Diríxese a persoas residentes na provincia de A Coruña que teñen recoñecida a súa discapacidade de forma oficial e, como mínimo, cunha porcentaxe do 33%.Terá lugar no balneario Termas de Cuntis (Cuntis- Pontevedra). Do 30 de setembro ao 02 de outubro de 2022. As persoas interesadas teñen que contactar coa entidade organizadora.
Tamén se informou da actividade prevista para o domingo 25 de setembro de 2022 pola mañá (a partir das 10.00 horas), relativa á carreira da muller en A Coruña.
A carreira pode facerse a pe, correndo, ou en cadeira de rodas, así como tamén, pasar a mañá co resto de participantes.
Para inscribirse é preciso facelo a través deste enlace online:
Hai opción de recollida de Dorsal o sábado, indicando horario, así como a opción de que por 5 euros mais, cho envíen á domicilio.
Coa difusión , AMICO favorece a participación das persoas asociadas en actividades interesantes que hai na contorna.