A ASOCIACIÓN AMICO desexa coñecer as necesidades das persoas asociadas e ter unha maior interrelación coas mesmas.
Dirixímonos a ti, si, ti, persoa asociada de AMICO pois queremos que nos fagas chegar as túas propostas, necesidades e demandas. Tamén as túas queixas e/ou propostas de mellora.
Especialmente agora que estamos a rematar o ano , un ano difícil pero que non pode paralizar o noso camiño. Que desexas que faga Amico para o ano 2021?
Só coa túa participación directa podemos xerar o cambio e só contigo podemos ofrecer unha actuación acorde aos teus intereses.
Queremos que nolas transmitas, a nivel xeral, por correo electrónico na dirección info@amico.es ou o resto de canles de comunicación coa asociación