O pasado domingo foi día de eleccións autonómicas e gustaríanos saber se vos atopástedes algún tipo de barreira que vos limitase, dificultase ou impedise o voso dereito a votar.
Escríbenos a info@amico.es
Con todo animámosvos a que denunciedes esas incidencias acudindo á Xunta electoral que vos corresponda segundo a provincia na que se sitúe a vosa mesa electoral, xa que ten a competencia de resolver as queixas, reclamacións e recursos que reciban. http://www.juntaelectoralcentral.es/cs/jec/admelectoral/jeprovinciales/competencias
Por outra banda, sempre tedes a vosa disposición a posibilidade de presentar queixa ante a institución Valedor do Pobo que está en posición de iniciar a investigación oportuna e facerlle a recomendación pertinente ao órgano competente para resolver dita queixa. https://www.valedordopobo.gal/presentar-unha-queixa/
Animádevos!