ASÓCIATE
Tan só tres pasos
- Chámanos ou escríbenos, queremos coñecerte e que nos coñezas.
- Enche o boletín de admisión (solicitude e ficha de persoa socia) , se decides formar parte de AMICO.
- Aboa a cota anual establecida, realizando o ingreso mediante transferencia bancaria e/ou a través do terminal TPV que temos a disposición.
BOLETÍN DE ADMISIÓN
Ficha e enquisa a dirixir á xunta directiva da asociación
Consultar previamente coa asociación
info@amico.es
663551316
PARTICIPA
É moi sinxelo
Se non formas parte da entidade pero tes interese en participar nalgunha das actividades que temos actualmente, necesitamos que contactes coa asociación e indicarémosche a información e pasos necesarios.
En AMICO as persoas socias son prioritarias por tanto, no caso de que haxa límites de aforo e/ou de participantes, poderase establecer restricións.
COLABORA
Contamos contigo
En AMICO temos o convencimento de que o noso camiño pode facerse mais agradable se contamos coa túa axuda. Só tes que mostrarnos como desexas colaborar con AMICO e argallaremos fórmulas para que sexa unha realidade.
- A través do voluntariado
- Realizando unha doazón
- Compartindo a nosa misión
- Apoiando os nosos proxectos