Un ano mais Amico celebra a Semana Europea de Mobilidade durante os días 16 a 22 de setembro.
Nesta ocasión adherímonos á campaña organizada por COCEMFE para fomentar o uso da aplicación móvil AccesibilidApp, que permite evidenciar as carencias de accesibilidade e seguridade presentes na nosa contorna, prestando especial atención ao transporte público e resto de elementos que inciden na mobilidade para as persoas con discapacidade.
No mes de xullo esta aplicación que segue a estar en activo incorporou unha nova observación xa que se pode identificar as carencias de accesibilidade da nova normalidade. Así, poderemos comunicar con esta app situacións como a ocupación dos itinerarios accesibles por parte das terrazas.
Dende Amico animámoste a utilizar a app e visibilizar as barreiras que te atopes.