Amico impulsa o uso da app “AcccesibilidApp” entre persoas asociadas para dar visibilidade ás deficiencias en materia de accesibilidade na cidade.
A aplicación “AcccesibilidApp” foi creada por COCEMFE e a Fundación Vodafone con motivo da Semana Europea da Mobilidade que permite enviar e comunicar incidencias en materia de accesibilidade tanto relativas á espazos, transportes ou edificacións.
Para avanzar na xestión de incidencias é preciso o apoio dos Concellos polo que dende as entidades que desenvolven a aplicación están a potenciar a adhesión á esta ferramenta, pero o importante é xerar cada día novas incidencias.
Amico consciente da existencia de multitude de barreiras nos Concellos da súa contorna promove o uso desta app entre as persoas asociadas e colaboradoras e de xeito periódico impulsa unha Campaña de difusión da mesma.
Como parte activa da resolución de barreiras as persoas cando usamos a app e comunicamos algunha incidencia estamos a colaborar na mellora das nosas cidades e podemos coñecer o estado da incidencia segundo avance a súa xestión.
Infórmate sobre o aplicativo e colabora con esta proposta: https://www.accesibilidapp.es/
Amico está a facelo xa!