Levarase a cabo de xeito presencial nas instalacións do edificio CEGADI situado no barrio de Salgueiriños, dende ás 17:00 horas e na orde do día inclúese temas como a aprobación das contas de 2020, a memoria de actividades realizadas no 2020 así como a modificación estatutaria para actualizar a linguaxe inclusiva e permitir á celebración de xuntanzas en modalidade mixta a través de medios telemáticos no futuro.
O Centro Galego de Desenvolvemento Integral (Cegadi) situado en Salgueiriños acollerá o próximo luns 21 de xuño ás persoas asociadas da entidade, que para garantir a seguridade en tempos de pandemia, esixirá a confirmación previa de asistencia a través da comunicación escrita ou mediante teléfono á entidade.
Animamos á todas as persoas asociadas á participar nesta xuntanza.
Recordamos ás persoas asociadas a importancia de colaborar coa entidade aboando a cota anual actualmente establecida en 10 euros, a través dos medios habilitados ao efecto.