O mes de xuño está repleto de Asembleas de entidades e ademais da nosa, participamos nas Asembleas das entidades das que formamos parte.
A Federación provincial COGAMI Coruña mantivo no día de onte a súa Asemblea Xeral Ordinaria na que se abordou o traballo realizado e o informe económico do ano 2021. Coñecimos de primeira man as liñas de traballo e orzamento para 2022 así como información actualizada de diversas temáticas de intereses para as entidades.
Un ano mais, a presidenta Ana Balboa participou en representación de AMICO na xuntanza, e pudo compartir co resto de entidades algunhas inquedanzas asociativas sobre a situación actual.
En dúas semanas a Asociación AMICO celebrará as súas asembleas, nas que ademais se vai a proceder á elección da nova Xunta Directiva, polo que animanos a todas as persoas socias a participar nestas xuntanzas.
Contacta coa entidade para coñecer con detalle as formas de participación na Asemblea que temos previsto desenvolver (presencial e/ou modalidade online)