Información sobre as bases destas axudas do programa de Respiro familiar por si pode resultar de interese, xa que consisten en aportacións económicas para contribuír ao pago dos servizos de atención en cada modalidade. Prazos de solicitude: dende o 20/04/2024 ata o 21/10/2024 Modalidades de axuda:1- Modalidade de respiro no fogar.2- Modalidade de respiro en centro de día.3- Modalidade de respiro en residencia.
Para que a persoa coidadora sexa beneficiaria da subvención é necesario que concorran os seguintes requisitos:
a) Que a persoa coidadora solicitante da subvención ou a persoa ou persoas que ela atenda sexan residentes na Comunidade Autónoma de Galicia.
a) Que a persoa que se atende se encontre nalgunha das seguintes situacións:
1º. Discapacidade física, psíquica ou mental con necesidade de axuda de terceiras persoas para as actividades da vida diaria, e ter recoñecida polo organismo competente unha discapacidade en grao igual ou superior ao 75 %.2º. Ter recoñecida a situación de dependencia polo organismo competente no grao II ou III.
3º. Que a persoa que se atende, no caso de non encontrarse nas situacións enumeradas nos ordinais anteriores, presente unha situación de necesidade de terceiros para as actividades da vida diaria, acreditada mediante informe médico e social.
Máis información na web institucional: https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=BS614B