TRATAMENTOS ESPECIALIZADOS DE REHABILITACIÓN
Co fin de cubrir e atender a crecente demanda existente dunha parte das persoas asociadas, AMICO asumiu como compromiso procurar unha fórmula para facilitar o acceso á tratamentos especializados de rehabilitación.
AMICO
SERVIZO DE REHABILITACIÓN X
O obxectivo é ofrecer tratamentos especializados e actividades a un custe máis axustado á cada economía persoal, pero prestado por profesionais habilitados.
O programa SERVIZO DE REHABILITACIÓN X ten carácter continuísta dende hai xa unha década e conta co apoio da Deputación de A Coruña
Grazas a este programa conseguimos que as persoas con discapacidade reciban tratamentos e actividades de rehabilitación integral que lle permiten desenvolver o seu proxecto vital, incrementando a oferta de actividades axeitadas ás súas características, así como a súa autonomía persoal e participación social.
QUE ATOPARÁS
NESTE PROGRAMA?
Nas actividades que sexa preciso, incorpóranse servizos de acompañamento e asistencia persoal, e avalíaranse as necesidades particulares manifestadas polas persoas participantes, en todo momento, garantindo así unha avaliación continua e persoalizada.
Sesións individuais de fisioterapia
Sesións individuais de terapia ocupacional
Sesións grupais de ximnasia adaptada, a través de grupos reducidos e características homoxéneas:
Grupos para persoas usuarias de cadeira de rodas.
Grupos para persoas con patoloxía de Parkinson.
Grupos para persoas con discapacidade xeral.
REQUISITOS
DE ACCESO
Terán preferencia persoas asociadas, e valórase a capacidade económica persoal para facer fronte ás aportacións establecidas (10 €/15€/18€), agás que se atopen en situación de vulnerabilidade.)
Residir na provincia de A Coruña
Estar en posesión do certificado de grao de discapacidade
Aceptar as condicións de participación
Realizar a aportación económica prevista segundo tipo de actividade
Tratamentos prestados por profesionais
As actividades deste programa están concertadas con terceiros axentes especializados na atención a persoas con discapacidade, que contan co instrumental e instalacións axeitadas a cada actividade, pero sobre todo, con profesionais especializados con gran capacidade de adaptación e que comparten o noso compromiso.
Tes interese en participar?Non dubides en contactar con AMICO
Nota: Este ano por causa do estado de alarma decretado e a declaración de crise sanitaria provocada a raíz da pandemia COVID-19, non se executarán as actividades acuático terapéuticas inicialmente previstas, e o programa se ben se comezou en xaneiro tivo que ser suspendido durante varias semanas. O regreso ás actividades realizase de modo paulatino, coas reformulacións e reorganizacións necesarias, garantindo en todo caso a adopción de medidas de seguridade e prevención pertinentes, axustadas ás indicacións sanitarias.