TRATAMENTOS ESPECIALIZADOS DE REHABILITACIÓN
Co fin de cubrir e atender a crecente demanda existente dunha parte das persoas asociadas, AMICO asumiu como compromiso procurar unha fórmula para facilitar o acceso á tratamentos especializados de rehabilitación.
AMICO
SERVIZO DE REHABILITACIÓN XI
O obxectivo é ofrecer tratamentos especializados e actividades a un custe máis axustado a cada economía persoal, pero prestado por profesionais habilitados.
O programa SERVIZO DE REHABILITACIÓN XI ten carácter continuísta e foi presentado á convocatoria de subvencións da Deputación de A Coruña para mantemento de servizos sociais (FOAXE-P/ ED-3 Tratamentos de rehabilitación).
Grazas a este programa organizamos unha oferta de actividades axeitadas ás características das persoas con discapacidade, e favorecemos a asistencia regular ás mesmas, o que permite mellorar a súa autonomía persoal e participación social.
QUE ATOPARÁS
NESTE PROGRAMA?
Unha oferta variada.
Nas actividades que sexa preciso, incorpóranse servizos de acompañamento e asistencia persoal gratuíto, e avalíanse as necesidades particulares manifestadas polas persoas participantes.
Sesións individuais de fisioterapia
Sesións individuais de terapia ocupacional
Sesións grupais de ximnasia adaptada e/ou exercizos terapéuticos, a través de grupos reducidos e características homoxéneas nas persoas participantes.
REQUISITOS
DE ACCESO
Terán preferencia persoas asociadas e para iniciar será preciso contactar coa asociación e darse de alta no servizo.
Residir na provincia de A Coruña
Estar en posesión do certificado de grao de discapacidade
Aceptar as condicións de participación
Realizar a aportación económica prevista segundo tipo de actividade
APORTACIÓN
ECONÓMICA
10€/15€/18€
Valórase a capacidade económica persoal para facer fronte ás aportacións establecidas así como a concorrencia doutras axudas públicas que perciban (ex. Libranzas SAAD para a adquisición de servizos e/ou para coidados na contorna familiar).
As persoas que se atopen en situación de vulnerabilidade económica que dificulte/impida o abono da aportación, poderán quedar exentas da mesma.
Tratamentos prestados por profesionais
As actividades deste programa están concertadas con terceiros axentes especializados na atención a persoas con discapacidade, que contan co instrumental e instalacións axeitadas a cada actividade, pero sobre todo, con profesionais especializados con gran capacidade de adaptación e que comparten o noso compromiso.
COLABORACIÓN
DIFUNDE O PROGRAMA
En AMICO sabemos que a coordinación é importante para conseguir unha boa xestión do programa, por tanto, animamos ás entidades sociais e aos profesionais públicos a difundir este programa para que chegue ás persoas que mais o precisan.
Tes interese en participar?Non dubides en contactar con AMICO
Notas: Mentras dure a situación de crise sanitaria provocada a raíz da pandemia Covid-19, será obrigatorio adoptar as medidas de protección e prevención determinadas pola entidade e centros colaboradores.