TRATAMENTOS ESPECIALIZADOS DE REHABILITACIÓN
Temos o convencemento de que facilitar o acceso a tratamentos especializados de rehabilitación, contribúe á mellora da calidade de vida e incrementa a autonomía persoal das persoas con discapacidade.
A asociación AMICO un ano mais, organiza este programa que resulta fundamental como elemento facilitador da inclusión social e fai fronte a un dos desafíos aos que se enfrontan as persoas con discapacidade.
AMICO
SERVIZO DE REHABILITACIÓN XIII
O obxectivo é ofrecer tratamentos especializados e actividades a un custe máis axustado a cada economía persoal, pero prestado por profesionais habilitados.
Favorece a consecución da obxectivos vencellados á saúde, a participación social, a igualdade de oportunidades e a loita contra a exclusión social.
O programa SERVIZO DE REHABILITACIÓN XIII , amplía a súa extensión territorial para reforzar o seu carácter comarcal.
Foi presentado á convocatoria de subvencións da Deputación de A Coruña para mantemento de servizos sociais no marco da convocatoria FOAXE-P/ ED-3 Tratamentos de rehabilitación.
- Importe de subvención: 9.465,44€
- A porcentaxe de financiamento foi 0,5178
- Resolución de concesión definitiva publicada o 2/08/2023.
QUE ATOPARÁS
NO PROGRAMA DO ANO 2023?
Unha oferta variada de actividades, na que ti eres a persoa protagonista.
Nas actividades que sexa preciso, incorpóranse servizos de acompañamento e asistencia persoal gratuíto, e avalíanse as necesidades particulares manifestadas polas persoas participantes, contribuíndo a que se configure a súa eficacia.
Sesións individuais en sala
Esixe concertar cita previa coa clínica/s contratada/s:
- Fisioterapia
- Terapia ocupacional
- Logopedia
Actividade grupal suxeita á programación de datas e horarios segundo a demanda anual (poden consistir en pilates de máquina, ximnasia e/ou exercizos terapéuticos) a persoas con necesidades comúns e en grupos reducidos.
Servizos de acompañamento e asistencia persoal con persoal que preste apoios cando sexa preciso durante o desenvolvemento das actividades.
REQUISITOS
DE ACCESO
Terán preferencia persoas asociadas e para iniciar será preciso contactar coa asociación e darse de alta no servizo.
Residir na provincia de A Coruña
Estar en posesión do certificado de grao de discapacidade.
Aceptar as condicións de participación
Realizar a aportación económica prevista segundo tipo de actividade
APORTACIÓN
ECONÓMICA
Variable entre 10€/18€ por sesión individual.
Nas actividades grupais abónase 25€ mensuais.
Valórase a capacidade económica persoal para facer fronte ás aportacións establecidas así como a concorrencia doutras axudas públicas que perciban (ex. Libranzas SAAD para a adquisición de servizos e/ou para coidados na contorna familiar).
As persoas que se atopen en situación de vulnerabilidade económica que dificulte/impida o abono da aportación, poderán quedar exentas da mesma, previa solicitude.
Tratamentos prestados por profesionais
As actividades deste programa están concertadas con terceiros axentes especializados na atención a persoas con discapacidade, e/ou con autorización sanitaria e/ou con aqueles que contan co instrumental e instalacións axeitadas a cada actividade.
No ano 2023 ampliamos á rede de establecementos concertados para acercar o programa ás persoas, pero sempre con criterios de calidade, accesibilidade, contornas que contan con prazas de estacionamento reservado a persoas con mobilidade reducida, entre outras condicións.
Se xestionas un establecemento e queres colaborar con AMICO, contacta.
COLABORACIÓN
DIFUNDE O PROGRAMA
En AMICO sabemos que a coordinación é importante para conseguir unha boa xestión do programa, por tanto, animamos ás entidades sociais e aos profesionais públicos a difundir este programa para que chegue ás persoas que mais o precisan.
Tes interese en participar?Non dubides en contactar con AMICO