A actividade xeral da entidade enmárcase na misión de promover e coordinar a defensa dos dereitos das persoas con discapacidade de Compostela e Comarca.
Informar , asesorar e orientar
Dirixe a súa actividade á informar , asesorar e orientar ás persoas asociadas e familias pero tamén a calquera outra persoa e/ou entidade que contacte coa asociación.
Resposta personalizada
Apostamos por adecuar a resposta segundo os seus intereses, demandas e expectativas, derivando a aqueles recursos mais axeitados para a súa satisfacción.
Ofrecemos e facilitamos actividades
Ofrecemos e facilitamos a participación en actividades dirixidas a incrementar o nivel de participación e autonomía das persoas con discapacidade. Facemos de canle de información con entidades afíns que as organizan ou ben, organizamos actividades propias.
Promovemos o asociacionismo
Promovemos o asociacionismo das persoas con discapacidade. É a idiosincrasia da entidade favorecer a unidade entre as persoas con algún vínculo en común xa que proporciona múltiples beneficios como reivindicar dereitos, concienciar a sociedade sobre as nosas necesidades, apoiarnos mutuamente e impulsar o intercambio de experiencias, opinións, etc.. Co asociacionismo buscamos satisfacción pero tamén constitúe o exercizo dun dereito. Sexamos responsables !
Actividades reivindicativas
Realizamos actividades de reivindicación de dereitos e de acción política. Mantemos colaboracións e participacións con outras entidades e organizacións afíns. Destaca a aposta por conseguir que a accesibilidade universal sexa unha realidade na nosa comarca.
Facilitamos encontros
Promovemos e facilitamos encontros de persoas asociadas, actuacións de sensibilización, difusión e voluntariado.