Rehabilitación

TRATAMENTOS ESPECIALIZADOS DE REHABILITACIÓN

Temos o convencemento de que facilitar o acceso a tratamentos especializados de rehabilitación, contribúe á mellora da calidade de vida e incrementa a autonomía persoal das persoas con discapacidade.

A asociación AMICO un ano mais, organiza este programa que resulta fundamental como elemento facilitador da inclusión social e fai fronte a un dos desafíos aos que se enfrontan as persoas con discapacidade.

AMICO

SERVIZO DE REHABILITACIÓN XIV

O obxectivo é ofrecer tratamentos especializados e actividades a un custe máis axustado a cada economía persoal, pero prestado por profesionais habilitados.
Favorece a consecución de obxectivos vencellados á saúde, a participación social, a igualdade de oportunidades e a loita contra a exclusión social.

O programa SERVIZO DE REHABILITACIÓN XIV, amplía a súa extensión territorial para reforzar o seu carácter comarcal.

Foi presentado á convocatoria de subvencións da Deputación de A Coruña para mantemento de servizos sociais no marco da convocatoria FOAXE-P/ ED-3 Tratamentos de rehabilitación.

O 26 de marzo de 2024 publicouse a Resolución definitiva da subvención que solicitamos a Deputación da Coruña.

  • Resolución Cod. Exp.:2023000041876
  • Obxecto: ED-3 Programas de rehabilitación “SERVIZO DE REHABILITACIÓN XIV”
  • Importe concedido: 11.965,31€
  • Coeficiente: 0,5024

QUE ATOPARÁS

NO PROGRAMA DO ANO 2024?

Unha oferta variada de actividades, na que ti eres protagonista.

Nas actividades que sexa preciso, incorpóranse servizos de acompañamento e asistencia persoal gratuítos, e avalíanse as necesidades particulares manifestadas polas persoas participantes, contribuíndo a que se configure a súa eficacia.

Sesións individuais en sala

Esixe concertar cita previa coa clínica/s contratada/s:

  • Fisioterapia
  • Terapia ocupacional
  • Logopedia

Actividade grupal suxeita á programación de datas e horarios segundo a demanda anual (poden consistir en pilates de máquina, ximnasia e/ou exercicios terapéuticos) a persoas con necesidades comúns e en grupos reducidos.

Actualmente, desenvólvese pilates máquinas adaptado. Dirixido a persoas usuarias de cadeira de rodas. Habitualmente os martes en horario de 16:30 a 18:00 horas.

Servizos de acompañamento e asistencia persoal con persoal que preste apoios cando sexa preciso durante o desenvolvemento das actividades.

REQUISITOS

DE ACCESO

Terán preferencia persoas asociadas e para iniciar será preciso contactar coa asociación e darse de alta no servizo.

Residir na provincia de A Coruña
Estar en posesión do certificado de grao de discapacidade
Aceptar as condicións de participación
Realizar a aportación económica prevista segundo tipo de actividade

APORTACIÓN

ECONÓMICA

  • Variable entre 10€/18€ por sesión individual.

  • Nas actividades grupais abónase 25€ mensuais.

Valórase a capacidade económica persoal para facer fronte ás aportacións establecidas así como a concorrencia doutras axudas públicas que perciban (ex. Libranzas SAAD para a adquisición de servizos e/ou para coidados na contorna familiar, etc).

As persoas que se atopen en situación de vulnerabilidade económica que dificulte/impida o abono da aportación, poderán quedar exentas da mesma, previa solicitude e análise da situación.

Tratamentos prestados por profesionais

As actividades deste programa están concertadas con terceiros axentes especializados na atención a persoas con discapacidade, e/ou con autorización sanitaria e/ou con aqueles que contan co instrumental e instalacións axeitadas a cada actividade.

No ano 2024 continuaremos coa rede de establecementos concertados para acercar o programa ás persoas, pero sempre con criterios de calidade, accesibilidade, contornas que contan con prazas de estacionamento reservado a persoas con mobilidade reducida, entre outras condicións.

Se xestionas un establecemento e queres colaborar con AMICO, contacta.

neunet

Centro de rehabilitación neurológica Néunet
nº RUEPSS es E-7079

Galicia Pilates

GALICIA PILATES

logosomatransparente corto(2)

CENTRO SOMA

Tes interese en participar?Non dubides en contactar con AMICO

COORDINACIÓN

 

Se formas partes de entidades de iniciativa social, dos servizos sociais municipais da Comarca de Santiago, doutras administracións públicas a nivel supramunicipal, animámoste a que contactes coa asociación para asinar o Acordo de coordinación.

Vemos necesario incrementar a coordinación deste programa para chegar a mais persoas que poidan valorar este recurso.

TRANSVERSALIDADE DE XÉNERO

 

Elaborarase unha análise sobre o nivel de participación das mulleres e homes no programa ao finalizar o exercicio.

Uso e promoción da linguaxe inclusiva e non sexista.

Tratamento de datos desgregados por sexo e outros indicadores interseccionais.