O programa SERVIZO DE REHABILITACIÓN XI incorpora en febreiro ás sesións de fisioterapia individual para as persoas con discapacidade asociadas á entidade.
O mércores pola tarde teremos xa en disposición de atender ás persoas participantes interesadas en recibir sesións de fisioterapia individual co profesional concertado. Ao igual que anos anteriores, requerirá avisar á asociación para obter a información necesaria do programa, así como concertar cita previa.
As sesións de fisioterapia que se realicen dentro do programa permitirán ser aboadas cunha rebaixa no prezo real do servizo porque a asociación solicitará a axuda á Deputación de A Coruña.
Para participar no programa requerirase ter acreditada a condición de persoa con discapacidade e residir nalgún concello da provincia de A Coruña, así como asociarse á asociación.