Continuamos a facilitar o acceso a terapias a prezos mais axustados grazas á colaboración de entidades prestadoras de servizos sociais coas que contactamos.
No mes de xaneiro e principios de febreiro estivemos colaborando coa clínica de rehabilitación que nos viña prestando terapias os últimos 11 anos. Agradecemos ás profesionais e á entidade COGAMI todo este longo percorrido ao noso carón. Un total de 11 persoas con discapacidade (5 delas mulleres) foron beneficiarias nos inicios de ano de terapias individuais (fisioterapia e/ou terapia ocupacional) e 6 persoas usuarias de cadeira de rodas (das cales 2 son mulleres) participaron nas actividades grupais de ximnasia adaptada.
Con todo, en marzo, retomamos con novos centros actividades e terapias semellantes, nas que xa participan 15 persoas (9 das cales son mulleres) en sesións individuais e mantense o grupo de actividades adaptadas nesta ocasión na modalidade de pilates de máquinas nas que participan 6 persoas usuarias de cadeira de rodas (das cales 2 son mulleres)
Fisioterapia
Terapia ocupacional
Logopedia
Pilates adaptado
Un ano mais solicitamos á Deputación de A Coruña o programa de rehabilitación no marco da convocatoria FOAXE-P/2022. Mais información en https://www.amico.es/rehabilitacion
O programa SERVIZO DE REHABILITACIÓN XII foi presentado á convocatoria de subvencións da Deputación de A Coruña para mantemento de servizos sociais (FOAXE-P/ ED-3 Tratamentos de rehabilitación).
Concedeuse por parte da Deputación de A Coruña un total de 8.072 euros. Corresponde a un 40% do custe do programa. O custo total de gastos xustificados alcanzou 20.023,54 euros.