Como sabedes este ano as actividades grupais tamén se viron afectadas pola crise sanitaria e ata este mes non se volven a retomar de xeito habitual.
Seguen a ter o mesmo obxectivo que cando se iniciaron a principios de ano pero adoptan cambios respecto aos protocolos adoptados con motivo do COVID-19 (horarios, restricións de aforo, reforzó de hixiene, ventilación, desinfección, non compartir material, etc..)
Consulta os protocolos que aplicamos.
As actividades grupais incoporan ademais servizos de apoio e acompañamento de asistencia persoal que garantiza en todo momento a adecuación ás necesidades das persoas participantes.
O programa FOAXE –P/ 2020 que levamos a cabo co apoio da Deputación de A Coruña permite que os grupos de ximnasia que se retoman sexan:
GRUPO DOS MARTES ÁS 16:30 horas, dirixidos a persoas usuarias de cadeira de rodas.
GRUPO DOS XOVES ÁS 19:15 horas, dirixidos a persoas con patoloxía de Parkinson.