O programa de Rehabilitación que puxo en marcha a Asociación AMICO hai doce anos, continúa durante o ano 2022 grazas ao apoio económico da Deputación de A Coruña, no marco da convocatoria de subvencións FOAXE-P que hai un par de semanas publicou á resolución provisional.
Concedeuse por parte da Deputación de A Coruña un total de 8.072 euros. Corresponde a un 40% do custe do programa. O custo total de gastos xustificados alcanzou 20.023,54 euros.
Dar continuidade ao programa.
O programa denominado SERVIZO DE REHABILITACIÓN XII, tivo que adaptarse aos cambios acaecidos ás poucas semanas de comezar, polo que agora presenta tres grandes novidades. A incorporación da logopedia, dentro das terapias que integra esta edición, o cambio de centro de atención no cal se prestan os servizos así como a reformulación da ximnasia , integrando a modalidade de pilates de máquinas.
Iniciamos o ano no centro de rehabilitación de Fontiñas como viñamos realizando os anos anteriores, para non cortar a prestación do servizo e dar así continuidade ao programa para aquelas persoas que o desexaran. Nos dous primeiros meses tivemos un total de 11 persoas con discapacidade beneficiarias das sesións individuais de fisioterapia e/ou terapia ocupacional.
Do mesmo xeito, continuamos ofertando as sesións grupais de ximnasia adaptada a persoas usuarias de cadeira de rodas, con recursos de apoio, nas que participaron un total de 6 persoas con discapacidade, das cales 2 eran mulleres.
Cambios a partir de marzo.
Tras o peche da clínica, a entidade xestionou a procura doutro/s centro/s que se adaptasen ás características do programa, que contasen con zonas de estacionamento preto para persoas con mobilidade reducida, e instalacións accesibles, e de aí surxiron as novidades.
Coa clínica de Rehabilitación Néunet situada en Conxo, integramos no programa as terapias de Logopedia, Terapia Ocupacional e Fisioterapia, na modalidade de sesión individual, prestado tanto a adultos como a menores. Dende o mes de marzo ata maio, un total de 15 persoas con discapacidade, das cales 10 son mulleres, e 3 son menores, son beneficiarias do desconto nas sesións consumidas dentro do programa. A terapia mais demandada segue a ser a fisioterapia, seguida da terapia ocupacional e a logopedia, se ben, a incorporación desta última terapia, está a resultar bastante demandada e especialmente combinada co resto.
A nivel grupal, as seis persoas usuarias de cadeira de rodas, probaron a modalidade de pilates adaptado en área central, e a día de hoxe continúan, manifestando que é unha actividade que lles reporta beneficios a nivel muscular.
Demandas non atendidas no eido da discapacidade.
Unha das demandas mais reiteradas polas persoas participantes do programa, así como outras persoas que a día de hoxe presentan cronicidade ou problemas de saúde de longa duración, é que o sistema sanitario non as contempla e os servizos sociais non cubren todas as súas necesidades. Isto esixe que para a mellora da calidade de vida e retrasar o deterioro funcional ou cognitivo, é preciso continuar e reforzar este tipo de programas, ben sexa, a través da colaboración coas entidades que contan con centros prestadores destes servizos, ou apoiando aquelas iniciativas como a que executa Amico, co apoio da Deputación de A Coruña, polo que se facilita o acceso á tratamentos especializados a un prezo mais económico, contratando con terceiros profesionais autorizados, e se pon en marcha unha oferta de actividades adaptadas na contorna das persoas con discapacidade, xa que en xeral é moi reducida ou inexistente.
Para mais información: Contacta coa asociación en www.amico.es