Transparencia

De acordo coa Lei 19/2013, de 9 de decembro de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, e como reforzo da actividade da asociación e garantía do acceso a información dos grupos de interese, informamos:


CANAL DE DENUNCIAS



    INFORMACIÓN

    ORGANIZATIVA

    Ámbito de actuación

    Comarcal

    Estrutura organizativa

    Asemblea

    Xunta directiva:

    Elixida o pasado 22 de xuño de 2022 na Asemblea Xeral extraordinaria, con duración de 4 anos, está composta polas persoas socias seguintes:

    • Presidencia: Ana María Balboa Porto
    • Vicepresidencia: Ignacio Rodríguez Sáez
    • Secretaría: Mª Jesús Pérez Piñeiro
    • Vogalías: Mirta Pulleiro Landeira, Mª Jesús Pico Pardal, Alberto Pereira Ameneira, Patricia Vilas, Alberto Fernández Pérez e Antonio Vázquez Mayo

    Normativa de aplicación

    • Lei 13/2008, do 3 de decembro de servizos sociais de Galicia

    • Lei orgánica 1/2002, de 22 de marzo de asociacións

    • Lei de subvencións de Galicia

    Contratos celebrados coas AAPP:

    0

    Convenios subscritos coas AAPP:

    0

    Subvencións e axudas públicas:

    Deputación de A Coruña FOAXE.P/2023: 9.465,44 €

    Deputación de A Coruña FOAXE.P/2022: 8.072,25 €

    Deputación de A Coruña FOAXE.P/2021: 10.555,47

    Deputación de A Coruña FOAXE-P/2020: 10.780,39 €

    Deputación de A Coruña FOAXE- P/2019: 11.870,00 €
    Deputación de A Coruña FOAXE- P/2018:   7.500,00 €
    Deputación de A Coruña FOAXE- P/2017: 12.500,00 €
    Deputación de A Coruña FOAXE- P/2017:   6.509,32 €
    Deputación de A Coruña FOAXE- P/2016:   6.497,18 €

    *Importes xustificados e/ou previstos na resolución concesión.

    Retribucións percibidas polas persoas integrantes da dirección:

    0 €. Os cargos son gratuítos.

     

    Contas e Actividades anuais:

    Aprobadas o 22/06/2022

    Estatutos:

    Cartafol informativa da entidade

    Datos da organización

    • Inscrita no Rexistro de Asociacións de Galicia co nº:1992/002968-1 AC;

    • Inscrita no Rexistro municipal de asociacións do Concello de Santiago de Compostela co nº: 222.

    • Inscrita no Rexistro de entidades de acción voluntaria co nº: O-266

    • Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais co nº: E – 290.

    • Inscrita no Rexistro de Voluntariado da Xunta de Galicia co nº: 0 – 266.

    • Integrada na Federación de Asociacións de Persoas con Discapacidade COGAMI CORUÑA dende o 25/01/1997 e posterior ratificación da mesma o 06/04/2011

    Sede e instalacións

     O domicilio social da entidade sitúase en rúa Modesto Brocos, nº 7 bloque 3 baixos, 15704 Santiago de Compostela, A Coruña.

    A asociación non conta con instalacións propias polo que cando organiza actividades, solicita espazos axeitados tanto a outras entidades como en edificios públicos.

    Medios materiais e humanos

    AMICO non conta con persoal asalariado propio. As actividades son organizadas por parte das persoas integrantes da Xunta Directiva e realizadas con persoal de apoio voluntario de carácter puntual. Cando se considera que é preciso especialización e actuación de profesionais acreditados, AMICO subcontrata as actividades con entidades, empresas ou profesionais cualificadas para a prestación dos servizos ou a execución das actividades propostas.