Dita plataforma permite a xestión e o acceso á ubicación das prazas reservadas e outros estacionamentos permitidos para persoas con mobilidade reducida.
Ante as últimas novas publicadas polo Concello de Santiago que prevé cambiar as tarxetas de estacionamento para persoas con mobilidade reducida para evitar a fraude no seu uso así como a aposta por mellorar a ubicación, sinalización e dimensións das prazas reservadas existentes adaptándoas á normativa, a nosa entidade agarda a implementación dos cambios propostos, fomentando o uso da ferramenta Park4dis.
Esta aplicación informa da localización das prazas reservadas para persoas con mobilidade reducida. Ademais da localización e da información legal, a aplicación permíte fotografar se hai un vehículo non autorizado aparcado nunha praza PMR.
Ao mesmo tempo permite incoporar novas prazas polo que se consegue unha actualización na que as propias persoas con discapacidade teñen un papel activo.
Animamos as persoas que utilicen dita ferramenta.