Prazo de solicitude: do 30 de abril ao 13 de setembro de 2024, ambos inclusive.
Convócanse para o curso 2024-2025 as seguintes axudas individualizadas:
a) Axudas directas para os alumnos, incluíndo ao alumnado con TDAH (Trastorno por déficit de atención por hiperactividade), que requiran por un período da súa escolarización ou ao longo de toda ela, determinados apoios e atencións educativas específicas derivadas de discapacidade, de trastornos graves de conduta ou de trastornos graves da comunicación e da linguaxe asociados a necesidades educativas especiais.
Tamén poderá ser beneficiario de axudas directas o alumnado con Trastorno do espectro autista (TEA) non incluído no parágrafo anterior e que requira estes apoios e atencións educativas específicas.
b) Subsidios por necesidades educativas especiais derivadas de discapacidade ou trastornos graves de conduta ou trastornos graves da comunicación e da linguaxe asociada a necesidades educativas especiais para familias numerosas.
Tamén poderán ser beneficiarios destes subsidios os alumnos con TEA, pertencentes a familias numerosas, non incluídos no parágrafo anterior.
c) Axudas para programas específicos complementarios á educación regrada para alumnado con necesidade específica de apoio educativo asociado a altas capacidades intelectuais.
d) Subsidio de contía fixa para gastos adicionais de carácter xeral derivados da escolarización dos alumnos con necesidade específica de apoio educativo asociada a discapacidade, trastornos graves de conduta ou trastornos graves da comunicación e da linguaxe.
Tamén poderá ser beneficiario deste subsidio o alumnado con TEA non incluído no parágrafo anterior e que requira estes apoios e atencións educativas específicas e o alumnado con necesidade específica de apoio educativo asociado a altas capacidades intelectuais.
As principais novidades deste curso son:
Subsidio de 400 euros para gastos de carácter xeral que se concederá de forma automática a todos os beneficiarios, independentemente das rendas das familias e dos resultados académicos dos estudantes e sen necesidade de xustificación.
Non é requisito imprescindible que o solicitante dispoña de certificado de discapacidade.
Para máis información mellor consultar a Resolución