O Concello de Santiago abre prazo o luns para solicitar as axudas para o uso de taxi como medio alternativo para persoas con dificultade de mobilidade e outras.O prazo finaliza o día 3 de marzo de 2023.O impreso: http://santiagodecompostela.gal/…/1676621999Solicitude…Bases reguladoras: http://santiagodecompostela.gal/…/1676621987BASES_uso…
As solicitudes presentaranse no prazo de 10 días hábiles, contados a partir do seguinte á publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia (dende o 20 de febreiro ata o 3 de marzo de 2023).
Direccións relacionadas
Estas axudas están dirixidas a :
- a. Que teñan recoñecida unha discapacidade que afecte gravemente á súa mobilidade, impedíndolles ou dificultándolles gravemente a utilización dos transportes públicos colectivos
- b. As persoas que teñan recoñecida unha discapacidade visual que implique un grao de limitación na actividade igual ou superior ao 75 %, tal como dispón o artigo 32.2 da Lei 10/2014, do 3 decembro, de accesibilidade.
- c. As persoas sometidas a tratamentos periódicos, administrados dende calquera centro hospitalario da cidade, que acrediten mediante informe médico as dificultades ou a non conveniencia de condución de vehículos e de uso do transporte público.
- d. Persoas con discapacidade, residentes no contorno rural deste termo municipal, polas limitacións derivadas da menor frecuencia ou accesibilidade ás liñas de transporte público.
- e. Persoas residentes no contorno rural que, afectadas por unha determinada doenza, acrediten mediante informe médico que non están autorizadas a conducir, dadas as limitacións derivadas da menor frecuencia ou accesibilidade ás liñas de transporte público.
- f. Persoas maiores, residentes no contorno rural deste termo municipal, polas limitacións derivadas da menor frecuencia ou accesibilidade ás liñas de transporte público, e, persoas maiores residentes no contorno rural deste termo municip
Hai que ver resto de requisitos (empadroamento en Santiago, límite de ingresos, non ter vehículo adaptado agás que se acredite non dispoñer del , etc)