AMICO tivo a oportunidade de visitar o pasado 22 de marzo a futura estación intermodal e coñecer os distintos elementos que se están a habilitar , xunto co representante e os técnicos de accesibilidade de COGAMI, as Conselleiras de Política Social e de Infraestructuras e Mobilidade.
Ascensores que dirixen ás dársenas con rampas de acceso, percorridos podotáctiles adaptados a persaos cegas e baños adaptados para persoas ostomizados foron os elementos mais visibles, malia que quedan detalles por completar.
Esperamos a que as instalacións abran ao público para comprobar in situ as súas características definitivas. Fomentaremos dende a entidade a que as persoas usuarias valoren a citada instalación.