Galego • Español 

AMICO


AMICO é unha asociación que ten como misión principal a de promover a defensa dos dereitos das persoas con discapacidade de Compostela e Comarca.

Somos unha entidade sen ánimo de lucro, independente e libre, aconfesional e apartidista. Constituíse no ano 1992 polo interese xeral dun grupo de persoas coñecedoras das necesidades e demandas das persoas con discapacidade veciñas para darlle resposta ás mesmas.

No ano 2010 iniciamos un proceso de renovación coa intención de incrementar a colaboración cidadá na misión, o nivel de participación pública e a realización de actividades dirixidas a alcanzar o maior grao de autonomía e independencia das persoas con discapacidade da contorna.

AMICO somos todas as persoas que un día apostamos por unirnos á entidade para alcanzar obxectivos  compartidos.

Animámoste a formar parte desta nova etapa!

 

 
 

Campaña de asociación

  • Campaña de asociación