Galego • Español 

>>Información y Asesoramiento, Fisioterapia, Accesibilidad, Ocio y Tiempo Libre, Deportes, Institucionales, Asociativas

Información y Asesoramiento, Fisioterapia, Accesibilidad, Ocio y Tiempo Libre, Deportes, Institucionales, Asociativas


ANDAINA SOLIDARIA, "UNHA TARDE CON SAMUEL" 28 de marzo

Informamos que o próximo 28 de marzo terá lugar a Andaina integrada dentro do II CROSS SOLIDARIO EN FAVOR DA INVESTIGACIÓN DE DUCHENNE Y BECKER "UNHA TARDE CON SAMUEL".

As persoas interesadas poden anotarse e inscribirse na web www.carreirasgalegas.com

Organizarase no circuíto de Campo a Través do Parque de Salgueiriños en Santiago de Compostela, un Cross Solidario para dar a coñecer esta enfermidade e outras recadando fondos para a investigación das enfermidades de distrofia muscular DUCHENNE e BECKER.
Baixo o lema dunha “TARDE CON SAMUEL”, afectado por ista enfermidade rara, organizarase a segunda edición dun Cross Solidario que estará baixo o control do Comité Galego de Xuíces da Federación Galega de Atletismo e coa colaboración do Concello de Santiago e outras entidades.

Esta proba de carácter 100% solidario, celebrarase o SÁBADO 28 DE MARZO no Parque de Salgueiriños en Santiago de Compostela.
Toda a información respecto a esta enfermidade poderana consultar no ligazón

As probas terán a súa SAIDA e Meta no Parque municipal de Salgueriños a partir das 17:30 horas do sábado 28 de marzo de 2020
Participación: Nesta proba poderán participar todas aquelas persoas que formalicen a súa inscrición no tempo e prazo preciso e sempre que entren dentro do rango de idades establecido para as categorías establecidas no presente regulamento. O control da proba estará baixo a supervisión do Comité de Xuíces da Federación Galega de Atletismo.
Inscricións: Ata o mércores 25 de marzo de 2019 ás 23:59 horas.

Retirada de dorsais: Os dorsais recolleranse o día venres 27 marzo 11h-13.30h/ 16h-20h en DECATHLON E O sabado28 marzo de 10.30h. -13.00h. logo recolleranse na zona de saída a partir das 16.30h

Fonte: información recollida na web de www.carreirasgalegas.com

CHARLA INFORMATIVA SERVIZO DE REHABILITACION IX - FOAXE-P/2019

A asociación AMICO organiza a charla informativa dirixida a persoas con discapacidade e/ou a toda a veciiñanza de Teo que poida ter interese en coñecer os servizos e información da asociación.

Ao mesmo tempo comentaremos as vantaxes que ofrece a realización periódica de tratamentos e actividade física adaptada baixo supervisión de profesionais.

Contaremos con profesionais de fisioterapia e terapia ocupacional que ofrecen actualmente ditos programas e teremos a posibilidade de consultar con eles posibilidades de participación.

A xornada que forma parte do Servizo de rehabilitación IX que a asociación presenta á Deputación da Coruña, polo que conta con financiación institucional no marco da convocatoria FOAXE-P/2019.

Animamos a participar a toda a veciñanza de Teo, especialmente, e calquera outra persoa interesada.

mais información : info@amico.es

SERVIZO DE REHABILITACIÓN IX. Iniciamos el programa en este mes.

Por noveno ano consecutivo a ASOCIACIÓN DE PERSOAS CON DISCAPACIDADE DE COMPOSTELA E COMARCA, AMICO pon a disposición das persoas con discapacidade da provincia de A Coruña, un programa de actividades e tratamentos de rehabilitación.
Baixo o nome de SERVIZO DE REHABILITACIÓN IX intégrase o conxunto de tratamentos que melloran a calidade de vida das persoas con discapacidade, por achegarlle actividades ás que non sempre teñen posibilidade de acudir por cuestións económicas, falta de especialistas, etc..
Grazas a Deputación de A Coruña e a convocatoria de axudas ás entidades para manter servizos sociais especializados durante o ano 2019, AMICO solicita e executa o programa presentado, permitindo reducir os custes que este tipo de actividades terían no mercado libre, de existir.
Porque hai actividades que non soen organizarse tendo en conta as necesidades das persoas con discapacidade.
Por este motivo, AMICO propón os seguintes:
SESIÓNS DE FISIOTERAPIA INDIVIDUAIS.
SESIÓNS DE TERAPIA OCUPACIONAL INDIVIDUAIS.
SESIÓNS GRUPAIS DE XIMNASIA ADAPTADA. (Un grupo específico para persoas usuarias de cadeira de rodas; e grupos especificos para persoas con patoloxías e necesidades homoxéneas)
SESIÓNS GRUPAIS DE ACTIVIDADES ACUÁTICO TERAPÉUTICAS
XORNADAS INFORMATIVAS PROMOCIÓN DA ACTIVIDADE FÍSICA NAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE.
Terán preferencia de acceso as persoas con discapacidade socias da entidade, e valorarase as posibilidades de cofinanciamento evitando que as persoas con menos recursos non poidan participar.
Se queres mais información, contacta coa entidade.

PROPUESTAS PRESENTADAS POR AMICO A PRESUPUESTOS PARTICIPATIVOS EN SANTIAGO

En el proceso de presupuestos participativos del Ayuntamiento de Santiago la ASOCIACIÓN AMICO acercó siguientes propuestas.

Código: #024 Revisión y ampliación de plazas de estacionamiento reservado la personas con discapacidad
Código: #042 Adecuación de las plazas reservadas de estacionamientos existentes a las condiciones de accesibilidad previstas en la norma

Código: #015 Línea de autobús y #parada accesibles. Mantenimiento garantizado de los elementos de accesibilidad
Código: #033 Cursos prácticos inclusivos
Código: #043 Alternativa prepago para personas que utilizan el taxi como alternativo al transporte público por razón de discapacidad

Ahora con la difusión queremos que la gente pueda apoyarlas y por tanto, alcanzar los apoyos necesarios para continuar con la siguiente fase.

Animaos a participar!

https://decide. santiagodecompostela. gal/#/ rules

 
 

Campaña de asociación

  • Campaña de asociación