Promoción e defensa dos dereitos das persoas

Somos unha entidade sen ánimo de lucro, independente e libre, aconfesional e apartidista. Constituíuse no ano 1992 polo interese xeral dun grupo de persoas coñecedoras das necesidades e demandas das persoas con discapacidade veciñas para dar resposta ás mesmas.

AMICO

ENTIDADE SEN ÁNIMO DE LUCRO

A nosa misión principal é a promoción e defensa dos dereitos das persoas con discapacidade de Compostela e Comarca.

ANIMÁMOSCHE A FORMAR PARTE DESTA NOVA ETAPA

No ano 2020 iniciamos un proceso de renovación coa intención de incrementar a colaboración cidadá coa misión, o nivel de participación pública e a realización de actividades dirixidas a alcanzar un maior grao de autonomía e independencia para as persoas con discapacidade da nosa contorna.

AMICO somos todas as persoas que un día apostamos por unirnos á entidade para alcanzar obxectivos compartidos.

Pola defensa dos dereitos e a dignidade das persoas con discapacidade.