Galego • Español 

>>AMICO pon en marcha o 2º curso de pilates adaptado

AMICO pon en marcha o 2º curso de pilates adaptado


By susi - Posted on 17 Marzo 2014

A entidade abre un novo prazo de inscrición para o 2º grupo de pilates adaptado e/ou actividades físicas de mantemento grupal, en horario de tarde para aquelas persoas que desexen participar.
Iniciarase o mércores 26 de marzo en horario de 18:15 horas a 19:15 horas,no centro sociocultural de Fontiñas. Recordade que son grupos reducidos de 5 ou 6 persoas, en función das persoas participantes, xa que se quere conseguir unha atención o mais individualizada dentro desta actividade grupal.

Esta actividade está cofinanciada a través da axuda pública que temos solicitada á Deputación de A Coruña no marco do Servizo de rehabilitación IV, que xa engloba tamén outras actividades.
Se queres reservar praza terás que enviar un correo a info@amico.es indicando os seguintes datos:

NOME APELIDOS:
TELÉFONO DE CONTACTO:
NECESIDADES DA PERSOA: Aquí debes indicarnos todas as necesidades que teñas, se eres usuaria de algún produto de apoio, se tes ou non mobilidade reducida, así como tamén, outras características que debamos ter en conta con carácter previo.

Etiquetas

 
 

Campaña de asociación

  • Campaña de asociación