Galego • Español 

>>Ana Balboa colabora no Programa de TV "Fraguando a diversidade"

Ana Balboa colabora no Programa de TV "Fraguando a diversidade"


By susi - Posted on 02 Novembro 2012

A presidenta da asociación AMICO, Ana Balboa colabora co alumnado do IES Antonio Fraguas e AGARESO na elaboración do programa de televión a prol da inclusión "Fraguando a diversidade".

A Asociación Galega de Reporteiros Solidarios (Agareso) e a ONG Asemblea de Cooperación pola Paz (ACPP) promoveron no instituto durante o ano pasado, unha serie de actuacións que se enmarcan dentro do programa "Escolas sen Racismo", no que se engloba a preto de 500 centros educativos de toda Europa.

Dito programa capacita aos rapaces no eido audiovisual e incorpora contidos xornalísticos, linguaxe non sexista e a análise do discurso mediático.

As clases culminaron coa gravación, no barrio de Fontiñas, do espazo televisivo que se presentará o próximo xoves 8 de novembro ás 19.00 horas no Centro Sociocultural de Fontiñas. Nas reportaxes participan persoas con discapacidade, a comunidade xitana, colectivos LGTB, familias migrantes e diversas veciñas e veciños que foron enquisados na rúa.

Unha das reportaxes foi realizada á presidenta da nosa asociación, Ana Balboa que nos conta a realidade que está a pasar e que comparte con todos algunha das necesidades e situacións cotiás da vida dunha persoa en cadeira de rodas.

Invitámosvos á presentación do programa o  próximo xoves 8 de novembro ás 19.00 horas no Centro Sociocultural de Fontiñas.

máis información en www.agareso.org e www.amico.es

Etiquetas

 
 

Campaña de asociación

  • Campaña de asociación