Galego • Español 

>>Asamblea anual 29 de xuño

Asamblea anual 29 de xuño


By susi - Posted on 05 Outubro 2012

O pasado 29 de xuño tivo lugar a Asemblea anual da asociación na cal se reuniron as persoas asociadas para facer balance das actividades levadas a cabo durante 2011, analizar o estado das contas da organización e expoñer as actividades que se prevé realizar durante o ano actual.
 
O encontro comezou coa lectura e posterior aprobación da acta da xuntanza anterior. Posteriormente especificáronse cada unha das actividades que se puxeron en marcha pola entidade durante o periodo anterior e as que se están a executar, así como as distintas relacións intitucionais que sen mantiveron ou as liñas prioritarias do traballo da asociación.
 
Trala exposición, a presidenta da organización, Ana Mª Balboa Porto, someteu a votación o documento que foi aprobado por todas as persoas asistentes.
 
A asemblea tivo lugar no local de atención da entidade situado na Casa das Asociacións de Benestar Social do Concello de Santiago, en Salgueiriños.

Etiquetas

 
 

Campaña de asociación

  • Campaña de asociación