Galego • Español 

>>Asamblea anual de AMICO 2011

Asamblea anual de AMICO 2011


By ana - Posted on 07 Xullo 2011

AMICO celebrou o pasado día 25 de xuño de 2011 na rúa Dublín, nº 3 baixos, 15707 en Santiago de Compostela, a asemblea anual que comezou as 11.30 horas  na que se reencontraron os socios da entidade.

 

Despois de retomar a actividade no último ano e establecer as liñas de actuación da asociación nesta nova etapa, quedaron aprobados por unaminidade todos os puntos da orde do día, tanto os referidos os gastos do exercicio anterior, cuestións relativas a xestión da asociación como o orzamento e o programa de actividades que xa se están a levar a cabo.

 

Entre as accións a destacar, reforzarase o papel reivindicativo da asociación ante as queixas das persoas asociadas no exercicio dos seus dereitos, promoverá a difusión de información que incremente o nivel de participación social das persoas con discapacidade da contorna, así como planificará actividades de interese segundo as demandas indicadas polas persoas asociadas.

 

Tras a reunión a maioría dos asistentes compartimos un delicioso xantar no Restaurante Porta da Vila, situado en San Lázaro, ao cal felicitamos pola súa colaboración coa entidade.

Etiquetas

 
 

Campaña de asociación

  • Campaña de asociación